19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

(como galega e preferente); na entrada galo inclúe a subentrada galo mariño, denominación con que

se refire tamén xenericamente a gaivota; a voz maroto (considerada galega e preferente) defínea con

dúas acepcións: nunha, como macho da gaivota; noutra, como cría da gaivota.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Gaivota e variantes deste nome téñense

empregado con moita frecuencia na nosa literatura. Podemos salientar Eduardo Pondal, que usa

gaivota en Queixumes dos Pinos (1886): " ... / unha asa dunha gaivota, / que máis alta que outra vai

... ". Tamén Álvaro Cunqueiro emprega outro vocábulo xenérico, gueivota, en varias das súas obras,

como por exemplo n' O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959): "...As gueivotas

fuxiron da praia... ". E Bernardiño Graña utiliza gavota en Profecía do mar (1966): "... enriba araus,

albatros ou gavotas agardando un peixiño que alimente...".

Canto á literatura popular, no refraneiro mariñeiro recóllese gaivota con frecuencia:

"As gaivotas, clo!, clo!, a cantar, norte duro vai entrar."

"As gaivotas polo alto a voar, sursueste vai entrar."

"Cando a gaivota anda á gradicela, mal para nós e fame para ela."

"Cando a gaivota foxe do mar, vai facer achas para o teu fogar."

"Cando a gaivota lava o pescozo no mar, temos chuvia ou temporal."

"Cando a gaivota lava o peteiro no mar, temos chuvia ou temporal."

"Cando a gaivota vén do mar, colle a brosa e vai estelar; cando vai para o mar, xonce os bois

e vai arar."

"Cando a gaivota vai para a terra, xa non neva; cando vai para o mar, vai nevar."

"Gaivotas polo chan, temporal no mar."

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, gaivota provén do latín gavia. J.

Corominas, no Diccionario Crítico Etimológico de la Lengua Castellana, indica que gavia non é unha

palabra clasica no latín, é unha creación talvez onomatopeica da linguaxe latina da decadencia. M. C.

Ríos Panisse explica que antiga é por causa da cor prateada das ás, que semellan o cabelo das persoas

de idade (7B). Alén diso, patiamarela ou de-patas-amarelas fan referencia á cor das patas, que é o

trazo que mellor distingue esta especie de L. argentatus, que é moi semellante pero ten as patas rosas.

Galo mariño alude a un certo parecido etre unha gaivota e unha galiña ou un galo, mesmo tamén no

grito nasal que dan; clara alude á plumaxe dos adultos e pardo á plumaxe dos inmaturos; común, xa

o di a palabra, é a especie máis frecuente de gaivota no noso litoral. En canto a chirla, véxase Larus

ridibundus. Maroto poder ter relación con mar ou talvez con pícaro, pillabán, que é outra acepción

deste termo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. É preciso

comentarmos que esta é unha especie que non hai moitos anos considerábase a mesma que L.

argentatus, e por iso non houbo nome específico para ela até hai pouco.

gaivota patiamarela do Caspio Larus cachinnans

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento en galego. Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é gaivota-do-cáspio (3D).

● Nomes populares. Esta ave é de presenza esporádica na Galiza, mais os comentarios poden

ser os mesmos no referente aos nomes xenéricos populares.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en L. argentatus e L.

michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de gaivota e patiamarela,

véxase L. michahellis. É unha especie moi moi semellante ao L. michahellis (de feito, até hai pouco

eran consideradas dúas subespecies; agora considéranse dúas especies diferentes). O modificador do

Caspio alude á súa área de distribución orixinaria, de onde proceden os escasos exemplares que se

ven algunha vez na Galiza.

gaivota escura Larus fuscus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota escura foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (4A, 6A, 8A,

10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

gaivota-d’asa-escura ou gaivota-de-asas-escuras (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis

frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou unha serie de denominacións locais vivas no

155

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!