19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

gaivota cana Larus canus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota papoia foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse e utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A e 17A). Gaivota cana foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos

de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

famego e gaivota-parda (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou algunhas denominacións populares vivas na

fala para se referir especificamente a L. canus: papoia, en Espasante, Bares e Cedeira; papuda, en

Muros; e papuxa, en Viveiro (7B). Algunhas denominacións xenéricas, que se poderían aplicar tamén a

esta especie, están comentadas en Larus michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en L. michahellis. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recolle ademais

unha acepción da entrada papoia para se referir especificamente a L. canus (e tamén a outra ave

mariña, H. pelagicus) e unha acepción na entrada papuxa tamén para se referir especificamente a L.

canus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997),

da editorial Galaxia, recolle papoia e gaivota papoia como sinónimos específicos para L. canus. O

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe ademais na entrada

xenérica gaivota a subentrada gaivota papoia para L. canus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de gaivota na nosa

literatura, véxase L. michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. M. C. Ríos explica que as denominacións populares recollidas para esta gaivota teñen a ver

con papar, por ter esta ave fama de comellona (7B). O modificador cana fai referencia á cor gris da

plumaxe das partes dorsais; o portugués parda pode estar relacionado coa cor da plumaxe dos

inmaturos da especie; o nome famego con fame, que ten fame.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Papoia é unha

denominación popular moi inespecífica referida a "papar", que se usa para designar especies de

paxaros ben diferentes. Recóllese como nome para Hydrobates pelagicus, como nome xenérico para as

papuxas (xénero Sylvia), e tamén para as gaivotas (cando menos apúntase para Larus minutus e Larus

canus, aínda que pola súa inespecificidade podería empregarse tamén para outras de maior tamaño,

que teñen sona de máis comellonas).

gaivota arxéntea Larus argentatus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota *crara foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Posteriormente, nas dúas primeiras guías de aves de X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunha outra publicación empregouse o nome de gaivota clara

(1A, 4A e 5A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron o nome e gaivota común

para L. argentatus (10B); recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica, aínda que sen a diferenciar de

Larus michahellis (18A). En 1999, no traballo de M. A. Conde Teira, propúxose gaivota arxéntea

(12B); utilizouse na terceira guía de Pedreira e Penas (22A) e tense recollido ou utilizado tamén

noutras publicacións (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A; diferenciándoa da especie L. michahellis, para a

que se reservou o nome de gaivota patiamarela ou gaivota común, segundo a publicación). Nalgunha

publicación utilizouse tamén o nome de gaivota clara para L. argentatus, diferenciándoa agora de L.

michahellis, utilizando para a segunda gaivota patiamarela (17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son gaivota-prateada e gaivota-argêntea (2A, 10A, 1D e 2D) e tamén gaivotaprateada-grande

(3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou dúas denominacións populares na Guarda para

L. argentatus: antigua e gaivota antigua, escritos con "j" para marcar a gheada (nun galego máis

correcto, antiga e gaivota antiga) que hoxe poderían estar referidas tanto a L. argentatus como a L.

michahellis (7B). Outras denominacións xenéricas, que se poderían aplicar a esta especie, están

comentadas en L. michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as entradas xenéricas apuntadas en L. michahellis.

Alén diso, o Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recolle

a entrada chilreta, que defíne como "gaivota pequena" (aínda que apunta o nome científico de L.

argentatus). O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe na entrada

xenérica gaivota a subentrada gaivota clara ou arxéntea para L. argentatus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de gaivota na nosa

literatura, véxase L. michahellis.

153

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!