19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

elaciónaa co catalán gavina e con gaivota (pode estar referida a gaivota pequena); cágalo é porque

persegue as outras gaivotas e fainas botar a comida fóra, para comela ela (7B). Tripeira pode facer

referencia á alimentación desta gaivota, tripas e restos similares; chirla pode ser un nome

onomatopeico ou facer referencia ao molusco, e neste sentido, tamén á alimentación desta gaivota;

albela, á cor bastante branca da súa plumaxe. Os nomes chirla, carrizo, carrau e similares talvez

estean referidas a especies da familia Sternidae, que semellan gaivotas pequenas e tamén reciben

estes nomes (o nome carrizo é propio dun paxariño pequeno, Troglodytes troglodytes). O modificador

chorona alude ao seu grito, que pode dar a impresión de que está a chorar. Guincho é unha

denominación portuguesa empregada para os cirrios (xénero Apus), para aguia pesqueira (Pandion

haliaetus) e para esta gaivota; non se encontrou unha explicación clara sobre a súa orixe.

gaivota de bico fino Larus genei

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota biquistreita foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas últimas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse noutras publicacións

ornitolóxicas (2A e 18A). Gaivota bicofina foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde

Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 13A e 14A). En 1991, M. A. Conde

Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron gaivota de bico fino (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é gaivota-de-bico-fino (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza, e non se lle coñecen nomes populares,

non sendo os xenéricos comentados en Larus michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as entradas xenéricas apuntadas en L. michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. Todos os modificadores fan referencia ao seu bico, fino e moi característico desta especie.

gaivota de Audouin Larus audouinii

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota de Audouin foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense utilizado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 14A e

22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son alcatraz de Audouin e gaivota de

Audouin (14A, 1D e 2D), ou tamén grafado gaivota-de-audouin (3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen nomes populares,

agás os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as entradas xenéricas apuntadas en Larus michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. Non se encontrou unha explicación para o modificador de Audouin, pero probabelmente

alude a algún naturalista.

gaivota do Delaware Larus delawarensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota do Delaware foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). Nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e noutras

publicacións empregouse a mesma denominación, só que coa preposición “de”: gaivota de Delaware

(4A, 5A, 6A, 17A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son gaivota de Delaware

e gaivota-de-bico-riscado (2A, 1D, 2D e 3D; o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie bastante rara na Galiza e non se lle coñecen nomes

populares, non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Larus michahellis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de gaivota na nosa literatura,

véxase Larus michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. O modificador do Delaware, que tamén está presente no seu nome científico, é o nome

dun impotante río e dun estado dos EE UU, na rexión atlántica (na área de distribución da especie). De

bico riscado alude á característica mancha ou banda escura que ten no bico, trazo característico desta

especie.

152

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!