19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

14A, 15A e 16A). Noutra publicación utilizouse gaivota coliforcada (4A). En Portugal tamén recibe o

nome de gaivota de Sabine (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica de gaivota.

● Dicionarios consultados. Recollen as denominacións xenéricas que se indican noutras especies

desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. Os modificadores gallada e coliforcada fan referencia á característica forma do rabo

desta especie; de Sabine alude ao científico que describiu a especie no século XIX.

gaivota de Bonaparte Larus philadelphia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota de Bonaparte foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Empregouse nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e

C. Pedreira López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(10A, 13A e 14A). Nunha publicación utilizouse gaivota de Filadelfia (4A). Na bibliografía ornitolóxica,

o nome portugués é guincho-americano (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica de gaivota.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios revisados recóllense as denominacións xenéricas que

se indican noutras especies desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. Non se achou unha explicación clara para o modificador de Bonaparte, pero

probabelmente ha aludir ao famoso naturalista do século XIX. Americana fai referencia á súa área de

distribución orixinal (e pode ser que Filadelfia tamén).

gaivota chorona Larus ridibundus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota chorona foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A; na última, gaivota chorona

común), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas

publicacións (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A; nalgunha, gaivota

chorona común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é guincho ou guincho-comum (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou algunhas denominacións populares vivas na

fala para se referir a esta especie: cágalo, nas Figueiras, Ribadeo e Rinlo; cherla, en Mera; chileu, en

Ribadeo; chorlín, en Rinlo; e gavina, en Caminha (7B). M. C. Ríos Panisse recolle tamén a referencia

de chirla, inespecífica, para gaivota nova, e pensa que tamén se ha tratar de Larus ridibundus. A.

Villarino Gómez rexistrou as denominacións populares de albela, aubela, gaivota e tripeira para esta

especie nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). M. Taboada Cid rexistrou tripeira

en Verín, para se referir a "unha especie de gaivota que se alimenta de tripas no río" (3C). Algunhas

denominacións xenéricas, que se poderían aplicar tamén a esta especie, están comentadas en Larus

michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Larus michahellis.

Ademais, no Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparece a

voz carrizo para se referir de maneira inespecífica a unha gaivota pequena. No Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen

as voces carrau e carrizo para se referir de maneira inespecífica a unha gaivota pequena. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recolle a voz carrizo, nunha

das acepcións, para se referir de maneira inespecífica a unha gaivota pequena; tamén recolle chirla,

para se referir a unha gaivota nova. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle chirlo, gaivota chorona e gaivota

pequena como sinónimos específicos para L. ridibundus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, inclúe, na entrada xenérica gaivota, a subentrada gaivota chorona ou

común para L. ridibundus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de gaivota na nosa literatura,

véxase Larus michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. M. C. Ríos Panisse explica que chorlín e similares poden ser onomatopeicos; gavina

151

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!