19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

explica que gaivota alegre foi o nome seleccionado na nova lista sistemática portuguesa para esta

especie accidental en Europa e está adaptado do inglés laughing gull (12B).

gaivota de Franklin Larus pipixcan (=Leucophaeus pipixcan)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento, xa que é ave

de presenza extremamente esporádica na Galiza.

● Nomes populares. Os comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes xenéricos

populares.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en L. argentatus e L.

michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de gaivota, véxase L.

michahellis. O modificador de Franklin fai referencia ao explorador John Franklin, de orixe inglesa, que

morreu nunha expedición ao ártico canadense no século XIX.

gaivota pequena Larus minutus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota pequena foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

empregouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e tense

recollido ou empregado noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 10A, 18A, 6A, 11A, 12A,

13A, 14A, 15A, 16A e 17A). En Portugal tamén recibe o nome de gaivota-pequena (2A, 10A, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. M. C. Enríquez Salido rexistrou a voz chilreta no Grove referida a "gaivota

pequena" (3C). F. Fernández Rei rexistrou a voz papoia en Cariño, que se identificou coa voz castelá

gaviota enana (3C). Algunhas denominacións xenéricas, que se poderían aplicar tamén a esta especie,

están comentadas en Larus michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Larus michahellis.

Ademais, no Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparece a

voz carrizo para se referir de maneira inespecífica a unha gaivota pequena (aínda que esta

denominación é propia do xénero Sterna, aves mariñas algo parecidas, e tamén dun paxariño pequeno,

Troglodytes troglodytes). No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as voces carrau e carrizo para se referir de maneira

inespecífica a unha gaivota pequena (malia seren propias do xénero Sterna, e pode estar aquí referida

a el, e a segunda tamén é propia dun paxariño pequeno, Troglodytes troglodytes). O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe a voz xenérica gaivota

para se referir a este grupo de especies, e a voz carrizo, nunha das acepcións, para se referir de

maneira inespecífica a unha gaivota pequena (aínda que esta denominación é propia dun paxariño

pequeno, Troglodytes troglodytes). O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, inclúe na entrada xenérica gaivota (como galega e preferente) a subentrada gaivota

pequena ou anana para L. minutus; a entrada chilreta (que considera galega pero non preferente)

remítea a gaivota pequena, onde apunta o nome científico de L. minutus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de gaivota na nosa

literatura, véxase L. michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. Os modificadores anana e pequena fan referencia ao seu tamaño. Os nomes chilreta,

carrizo e carrau poden ter orixe onomatopeica e talvez estean referidas a especies da familia

Sternidae, que semellan gaivotas pequenas e tamén reciben estes nomes (o nome carrizo é propio dun

paxariño pequeno, Troglodytes troglodytes).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto de papoia,

véxase esta mesma alínea para Larus canus.

gaivota de Sabine Larus sabini (=Xema sabini)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota gallada foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A).

Gaivota de Sabine foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A,

150

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!