19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

para a escolla dun nome xenérico galego estándar entre papaperda ou palleira, véxase C. skua.

Familia Laridae

gaivota de ollo branco Larus leucophtalmus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. O nome de gaivota ollobranca é o que se empregou

na segunda guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunha outra publicación (5A e 13A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é gaivota-d’olho-branco (1D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza, e non se lle coñecen nomes populares,

non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Recóllense as denominacións xenéricas que se indican noutras

especies desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. O modificador ollobranca fai referencia ao característico anel branco que ten arredor do

ollo.

gaivota de cabeza negra Larus melanocephalus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota cabecinegra foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B), e tamén en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas

publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A). En 1991,

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron o nome de gaivota de cabeza negra (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son gaivota-de-cabeça-preta e de gaivota-do-

Mediterrâneo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie rara Galiza e non se lle coñecen nomes populares, non

sendo os xenéricos comentados en Larus michahellis e Larus fuscus.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Larus michahellis.

Ademais, o Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe na entrada

xenérica gaivota e a subentrada gaivota cabecinegra para L. melanocephalus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de gaivota na nosa literatura,

véxase L. michahellis.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á etimoloxía de gaivota, véxase L.

michahellis. Os modificadores cabecinegra, de cabeza negra e similares fan referencia á plumaxe

negra que tan na cabez, coma unha carapucha, na época de reprodución; do-Mediterrâneo indica a

súa área de distribución habitual.

gaivota alegre Larus atricilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gaivota alegre foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunha publicación ornitolóxica (14A). Nas últimas

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) utilizouse gaivota chorona

americana, que tamén se ten recollido ou empregado noutras publicacións (4A, 10A e 14A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son gaivota-americana e gaivota-alegre (2A, 1D, 2D

e 3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica de gaivota.

● Dicionarios consultados. Recóllense as denominacións xenéricas que se indican noutras

especies desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de gaivota, véxase Larus

michahellis. Os modificadores chorona e alegre aluden ao seu grito, que tanto pode parecer que ri

coma que chora; americana indica a súa área de distribución habitual.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

149

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!