19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Stercorarius, aplicábeis tamén a Catharacta. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada merdeiro (como galega e preferente), que define e identifica con S.

skua e cos sinónimos papamerda e comemerda; papamerda (como galega e preferente) que define e

identifica con S. skua e cos sinónimos comemerda e merdeiro; comemerda (como galega e

preferente), que nunha das acepcións que define e identifica con S. skua e cos sinónimos papamerda e

merdeiro; cagote (como galega e preferente), que nunha das acepcións define e identifica con S. skua.

● Etimoloxía / motivación semántica. No que atinxe á motivación semántica, hai que explicar

primeiro un constante e moi característico comportamento que teñen os paxaros desta familia:

perseguen as gaivotas e outras aves mariñas, van atrás delas amolándoas até que vomitan a comida

que levan no estómago e eles deseguido a comen. De aí os nomes de ladrón do mar, comemerda,

papamerda, merdeiro ou lerdeiro e similares (relacionados con roubar a comida, con sucidade ou

con coprofaxia, aínda que non comen realmente os excrementos, comen o alimento vomitado).

Picapica e picacú tamén están relacionados co comportamento de acoso, pois chega a picar co bico as

gaivotas nas ás ou no rabo (e, na crenza popular, pódese pensar que as pica no cu). Cagán e cagote

poden estar relacionados tamén co mesmo hábito de perseguir as aves mariñas e facer referencia, na

crenza popular, a que as fai cagar (na realidade, o que conseguen é que vomiten o alimento). Maricón

pode estar relacionado con ladrón do mar, pola connotación popular que ten o termo de persoa vil, ou

tamén con picapica e picacú, pola connotación de asedio sexual que os preconceptos populares lle

atribúen ao termo. Palleira e palleiro poden estar relacionados con palla no sentido de “facer a palla”,

masturbar, pola mesma crenza popular xa comentada e relacionada con picacú, maricón, cagán e

cagote, “vai atrás das gaivotas, pícaas no cu e fainas cagar”, e tamén, popularmente, estar asociado á

idea de “vailles facer a palla” (como xa apuntamos, non se trata diso, e o que vai buscando é o

alimento regurxitado); palanquín é posíbel que estea relacionado cunha das acepcións desta palabra,

a de persoa pouco amiga de traballar ou de facer esforzos, no sentido de que estes paxaros non

procuran eles a propia comida, senón que llela sacan a outras aves. O nome maculado fai referencia

ás características manchas brancas que ten nas ás. Golea pode estar relacionado con golechar ou

golechán, larpeiro; Ríos Panisse apunta que podería estar relacionado con golear e goleas, berrar,

berrón, facendo referencia á voz do paxaro, ou tamén con goldra, sucidade (7B). Cafeteiro

probabelmente sexa por causa da cor da plumaxe, xustamente da cor do café. Ríos Panisse apunta que

pedro llopo e zapateiro parecen unhas denominacións humorísticas, retranqueiras. O nome xenérico

portugués moleiro fai referencia a amolar, porque, como xa se comentou, estas especies amolan as

gaivotas e outras aves mariñas. Non encontramos unha explicación clara para a denominación

portuguesa alcaide (talvez por unha das acepcións que ten esta palabra en portugués: algo de baixa

calidade ou categoría). O modificador grande alude ao tamaño desta especie en concreto, maior do

que outros Stercorarius, e real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as

identificarmos como especies, que ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa

forma ou nas súas cores, para esta especie quizá se pensou por ser fisicamente un pouco diferente das

outras ou máis grande.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto aos criterios

para a escolla dun nome xenérico estándar, en 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

comentaron que merdeiro parece ser o máis común para este grupo de especies, mais advirten xa que

palleira é outro que se podería usar no seu lugar de ter o primeiro algún problema de emprego

extralingüístico (10B). Posteriormente, en 1999, Conde Teira considerou máis apropiada a

denominación xenérica de palleira que a escatolóxica merdeiro. Non obstante, se palleira fai

referencia a “facerlles a palla” ás outras, este tamén non sería un termo particularmente requintado.

Con todo, aínda sendo así, a denominación palleira non é tan transparente e –pensándomos na

aceptación que debe ter un nome estándar– talvez sexa mellor candidata que papamerda ou

merdeiro.

palleira grande subantártica Catharacta antarctica (=Stercorarius antarctica )

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamerda subantártico é a denominación

empregada por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño na única publicación ornitolóxica da bibliografía

especializada que recolle un nome galego para esta especie (22A).

● Nomes populares. É a especie máis rara da familia nas nosas latitudes, só se ten rexistrado

unha vez na Galiza, un exemplar atopado morto pola contaminación do petroleiro Prestige, e non ten

nomes populares galegos non sendo as voces xenéricas apuntadas para as outras especies.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as denominacións xenéricas apuntadas en Catharacta

skua.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a semántica de papamerda, véxase C. skua. O

modificador subantártica fai referencia á súa área de distribución: Antártida e illas subantárticas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto aos criterios

148

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!