19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

publicacións ornitolóxicas (2A, 4A e 11A). Palleira rabilonga foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A).

Nalgunhas publicacións utilizouse tamén palleira rabuda (10A, 12A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son moleiro-rabilongo e moleiro-de-cauda-comprida (2A, 1D,

2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. Malia ser Stercorarius longicaudus unha especie máis rara ca outros

Stercorarius, probabelmente as denominacións populares recollidas no traballo de M. C. Ríos Panisse

para S. skua (ou Catharacta skua) e outras xenéricas que se detallan nesa especie sexan tamén

aplicadas popularmente a S. longicaudus.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as denominacións xenéricas apuntadas en C. skua.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a semántica de papamerda, palleira, merdeiro e

moleiro, véxase C. skua. Os modificadores rabilongo, rabudo, de-cauda-comprida e similares fan

todos referencia ao trazo físico máis salientábel desta especie, o seu rabo moi longo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto aos criterios

para a escolla dun nome xenérico estándar, véxase C. skua.

palleira grande Catharacta skua (=Stercorarius skua)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamerda real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A e 17A). Palleira grande foi o nome proposto en 1999 no traballo de M.

A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A

e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran merdeiro grande (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son alcaide e moleiro-grande (2A, 10A, 1D e 3D; o

primeiro con máis frecuencia), ou tamén alcaide do Norte (2D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes denominacións vivas na fala que

atribúe como específicas para Stercorarius skua (aínda que poden estar referidas tamén a outras

especies do xénero Stercorarius, pois son bastante parecidas e as outras non se mencionan no traballo

de M. C. Ríos Panisse): o castelanismo cafetero (cafeteiro), na Guarda; cagán, escrito con "j" para

marcar a gheada, en Miño; cagote, escrito con "j" para marcar a gheada, en Pontedeume e Ares;

comemerda, en Burela, Noia, Abelleira, Camariñas, Carril e Foz; golea, escrito con "j" para marcar a

gheada, en Viveiro; lerdeiro, en Cangas; mardeiro, en Portonovo; maricón, en Corme; merdeiro,

en Mera, Mugardos, Cambados, Ribeira, Vilanova de Arousa, Cesantes, Mogor, Bouzas, Panxón, O

Grove, Aguiño, Portonovo, Cangas, Bueu e Abelleira; palleira, en Aguiño, Muxía, Escarabote, Muros,

Caión, Camariñas, Corme, Sardiñeiro, Lira, Portosín, Abelleira, Malpica e Laxe; papamerda, en Sada,

Bares, Cedeira, Ares e Camariñas; papamerdas, en Cariño e Espasante; pedro llopo, en Burela;

picacú, en Bueu; picapica, en Burela e zapateiro, en Rinlo (7B). M. C. Ríos Panisse recolle así mesmo

as referencias doutros autores para esta ave sen indicar a localidade: ademais de palleira e merdeiro,

ladrón de mar, ladrón do mar, merdeiro de mar, merdeiro do mar, merdento, palanquín e

palleiro (7B). M. Felpeto Lagoa tamén rexistrou as denominacións xenéricas cagote e papamerda no

galego de Ares (3C). F. Fernández Rei rexistrou así mesmo papamerda en Cariño (3C). J. S. Crespo

Pozo recolle como nome galego merdeiro, que define como pato marino que se lanza sobre otras aves

acuáticas, recogiendo en el aire los excrementos de éstas, con los que se alimenta e apunta a

localidade de Muros (12G).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a subentrada merdeiro de mar na entrada merdeiro, que identifica cos

sinónimos ladrón, palanquín (que non ten entrada propia) e palleiro; palleiro, tamén identificado

nunha das acepcións con ave mariña co nome de merdeiro do mar; ladrón do mar, como subentrada

dentro da entrada ladrón, e defíneo como ave mariña que ataca as outras para lles arrebatar a presa.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

entradas: palleira, nunha das acepcións defina e identificada con S. skua e ladrón do mar (que non

ten subentrada propia na entrada ladrón); palleiro, nunha das acepcións tamén como ladrón do mar e

S. skua; ladrón, nunha das acepcións identificado con S. skua; merdeiro, nunha das acepcións

definida como ave mariña tamén coñecida como ladrón, palanquin e palleiro, identificado con S. skua e

cos sinónimos merdeiro-de-mar e merdeiro-do-mar; palanquin, nunha das acepcións identificado

con merdeiro e S. skua; cagote, nunha das acepcións identificado con cagán (que non ten entrada

propia), merdeiro; maricón, nunha acepción identificado con merdeiro, páxaro mariño e con S. skua;

pica-pica con tres acepcións, a terceira delas como "nome dado nalgunha zona ao merdeiro,

Stercorarius skua". O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle cagote, comemerda, ladrón do mar, merdeiro,

merdento, palanquín, palleiro e papamerda como sinónimos inespecíficos para o xénero

147

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!