19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a etimoloxía de falaropo, véxase Phalaropus

tricolor. O modificador bicogroso fai referencia, como di, ao seu bico, groso en comparación co de

Phalaropus lobatus; cinsento alude á cor da plumaxe en inverno; careto, á plumaxe branca que ten

arredor dos ollos na época nupcial, que semella un anteface.

Familia Stercorariidae

palleira pomarina Stercorarius pomarinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamerda palleiro foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse en dúas guías de aves destes autores (1A e 5A) e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 2A,

4A, 5A e 6A); na terceira guía de Penas e Pedreira, papamerda palleiro (22A). Palleira pomarina foi

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense recollido ou empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa propuxeran merdeiro pomarino (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses

son moleiro do Árctico e moleiro-pomarino (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis

frecuencia).

● Nomes populares. As denominacións populares recollidas no traballo de M. C. Ríos Panisse

para Stercorarius skua (ou Catharacta skua) e outras xenéricas que se detallan nesa especie, poden ser

tamén aplicadas popularmente a Stercorarius pomarinus.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en C. skua.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de papamerda, palleira,

merdeiro e moleiro, véxase C. skua. Canto a pomarino, H. Costa et al. explican que é unha

adaptación do nome científico e que parece estar relacionado cunha característica da especie que

consiste no crecemento dunha membrana sobre as narinas durante a época de reprodución (1D). O

modificador do-Árctico alude ao seu hábitat ou área de distribución na época de cría.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Sobre aos criterios

para a escolla dun nome xenérico galego estándar, véxase C. skua.

palleira parásita Stercorarius parasiticus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamerda palanquín foi o nome inicialmente

proposto por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de

Galicia (4B e 5B); utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 11A e 18A). Palleira parásita foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde

Teira (12B). Tense recollido ou empregado publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A).

En 19991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran merdeiro parásito (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son moleiro-pequeno, moleiro-parasitico e

moleiro-parasita (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. As denominacións populares recollidas no traballo de M. C. Ríos Panisse

para Stercorarius skua (ou Catharacta skua) e outras xenéricas que se detallan nesa especie poden ser

tamén aplicadas popularmente a Stercorarius parasiticus.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as denominacións xenéricas apuntadas en C. skua.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica de papamerda, palleira,

merdeiro, palanquín e moleiro, véxase C. skua. O modificador parásita e similares fan referencia ao

costume destes paxaros de parasitar ou roubar a comida a outras aves mariñas. O modificador

pequeno alude ao seu tamaño.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto aos criterios

para a escolla dun nome xenérico galego estándar, véxase C. skua.

palleira rabilonga Stercorarius longicaudus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Papamerda rabudo foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B); utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse e utilizouse tamén noutras

146

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!