19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

español (vuelvepiedras) e no alemán (steinwälzer), e que ademais é a voz empregada no Brasil para

denominar esta ave (12B).

falaropo de Wilson Phalaropus tricolor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Falaropo de Wilson foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas últimas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e tense recollido ou empregado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

13A e 14A). Nunha publicación, utilizouse falaropo tricolor (4A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son falaropo-de-Wilson e pisa-n’água (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de aparición excepcional na Galiza, e polo tanto con pouca

tradición escrita relativa á súa denominación. Non se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada faláropo, definida como "ave pernalta que vive nas lagoas e

beira do mar" e identifícaa con Phalaropus lobatus e Phalaropus fulicarius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, falaropo vén do grego phálara, que

quere dicir ornamento, e posibelmente faga referencia ás vistosas cores da plumaxe destes paxaros na

época nupcial. Non se encontrou unha explicación para o modificador de Wilson, mais probabelmente

alude ao famoso naturalista do século XIX. Tricolor fai referencia á súa vistosa plumaxe nupcial; pisan’agua,

aos seus habitos acuáticos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Hai que salientar que

é falaropo, con acentuación grave.

falaropo de bico fino Phalaropus lobatus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Falaropo mouro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas últimas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra

publicación ornitolóxica (2A e 6A). Falaropo bicofino foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A.

Conde Teira (12B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A e 14A). En 1991, M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran o nome de falaropo de bico fino (10B). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é falaropo-de-bico-fino (2A, 1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e, polo tanto, con pouca tradición escrita

relativa á súa denominación. Tampouco se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada faláropo, definida como "ave pernalta que vive nas lagoas e

beira do mar" e identifica con Phalaropus lobatus e Phalaropus fulicarius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de falaropo, véxase Phalaropus

tricolor. O modificador bicofino fai referencia, como di, ao seu bico, fino en comparación co de

Phalaropus fulicarius; mouro alude á cor da plumaxe, máis escura do que nas outras especies de

Phalaropus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Hai que salientar que

é falaropo, con acentuación grave.

falaropo de bico groso Phalaropus fulicarius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Falaropo cincento foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas últimas guías de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica

(2A, 5A e 22A). Nunha publicación, utilizouse falaropo cinsento (17A). Falaropo bicogroso foi

proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran o nome de falaropo de bico groso (10B). Noutra publicación utilizouse falaropo careto

(4A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é falaropo-de-bico-grosso (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada faláropo, definida como "ave pernalta que vive nas lagoas e

beira do mar" e identifica con Phalaropus lobatus e Phalaropus fulicarius.

145

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!