19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

(como galega e preferente), que identifica co xénero Tringa e co sinónimo pílora (que non ten entrada

propia); píldora (como galega e preferente) que define e identifica con bilurico; e vilorico (como

galega non preferente), que remite a bilurico.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de bilurico e bilorico na nosa

literatura, véxase Tringa totanus. Sobre o emprego de mazarico, Numenius arquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador das

rochas fai referencia a un dos hábitats onde é posíbel observar esta especie (pousa nas pedras e nas

rochas, á beira do río ou á beira do mar); bailón fai referencia ao costume que ten de mover o rabo e

a parte posterior do corpo arriba e abaixo. Mazarico é un nome xenérico para aves pernaltas que

andan na auga; para unha posíbel significación, véxase N. arquata. Para bilurico e similares, véxase T.

totanus; para pirlo e píllara, Charadrius dubius.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Lavacú é unha

denominación moi pouco específica. Emprégase para varios paxaros que andan no río ou na auga e que

poden dar a impresión de que "lavan o cu", ben diferentes entre eles: Actitis hypoleucos, Cinclus

cinclus e Apus apus (véxase estoutras dúas especies, en particular Apus apus, que non é acuática).

bilurico maculado Actitis macularia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico maculado foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A) e nalgunhas publicacións ornitolóxicas (4A, 10A, 12A, 13A e 14A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son maçarico-pintado e maçarico-maculado (2A,

1D, 2D e 3D, o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi moi rara na Galiza, sen nomes populares

(agás os xenéricos) e con pouca tradición escrita relativa á súa denominación.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa totanus,

que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, os cualificativos

maculado e pintado fan referencia ás características manchas do peito e do ventre dos exemplares

adultos na época nupcial; para bilurico véxase T. totanus; para mazarico, Numenius arquata.

virapedras Arenaria interpres

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píldora raiada foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións (1A, 2A,

4A e 18A). Virapedras foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido en varias publicacións ornitolóxicas (10A,

12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nas últimas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e

noutras publicacións utilizouse píllara riscada (6A, 11A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é rola-do-mar (2A, 10A, 1D, 2D e 3D); no Brasil, vira-pedras (12B).

● Nomes populares. Malia ser habitual a súa presenza nas costas galegas, en pequeno número,

non se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius dubius e Calidris alpina. O Diccionario

de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle píllara raxada, píldora raiada e pombiña de mar como sinónimos específicos para A.

interpres. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

xenérica píllara (como galega e preferente), onde especifica as subentradas píllara raiada e píllara

raxada para A. interpres.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica, os modificadores riscada,

raiada e similares fan referencia aos típicos debuxos que ten na cabeza, que mesmo parece que estean

pintados. Virapedras, como xe se comentou, alude ao hábito de andar remexendo nas coias da praia á

procura de alimento. A denominación portuguesa rola-do-mar, indica por unha banda o seu hábitat

mariño e por outra o seu parecido cunha rola. Para píldora e píllara véxase Charadrius dubius.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que píldora raiada e píllara riscada non son voces populares, e no entanto recóllese palabras

similares a virapedras no catalán (remena-rocs), no francés (tournepierre), no inglés (turnstone), no

144

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!