1kYBRBWHf
1kYBRBWHf
1kYBRBWHf
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
ilurico patiamarelo grande Tringa melanoleuca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico patiamarelo grande foi o nome proposto en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas últimas guías de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido e empregado tamén nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A e 14A). É unha especie accidental na Galiza, e polo tanto con pouca

tradición escrita relativa á súa denominación. Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pernaamarela-grande

(1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa totanus,

que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador

patiamarelo e similares aluden á rechamante cor amarela das súas patas; grande, fai referencia ao

seu tamaño en comparación co de Tringa flavipes, que tamén ten as patas amarelas. Para os nomes

xenéricos, véxase T. totanus.

bilurico patiamarelo pequeno Tringa flavipes

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico patiamarelo pequeno foi o nome proposto

en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas últimas guías de X. M. Penas Patiño e

C. Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido ou empregado tamén nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A e 17A). É unha especie accidental na Galiza, e polo tanto con pouca

tradición escrita relativa á súa denominación. Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pernaamarela-pequeno

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados aparecen as denominacións xenéricas

apuntadas en Tringa totanus, que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador

patiamarelo e similares aluden á rechamante cor amarela das súas patas; pequeno, fai referencia ao

seu tamaño en comparación co de Tringa melanoleuca, que tamén ten as patas caracteristicamente

amarelas. Para os nomes xenéricos, véxase Tringa totanus.

bilurico das rochas Actitis hypoleucos

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico bailón foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

ou recolleuse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 7A, 11A, 17A, 18A e 11B). Bilurico das rochas foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e

16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é maçarico-das-rochas (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación popular de

pirlo nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). F. Bernis Madrazo cita a L. Iglesias

(1927), que emprega píllara para se referir a Actitis hypoleucos e aos xéneros Charadrius e Calidris

(11B). Os nomes xenéricos populares rexistrados para Tringa totanus tamén se poderían aplicar a esta

especie.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa

totanus, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada bilurico identificada co xénero Numenius

e con Tringa hypoleucos e coa variante belurico (que non ten entrada propia). O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle andarríos, belurico e pasarríos como sinónimos inespecíficos para o xénero Tringa. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas: lavacús (como

galega e preferente) e lavacú (como galega mais non preferente), que define como "xénero de aves

limícolas que teñen as patas e o peteiro longos, pluma xeralmente parda, con machas brancas nas ás e

na mitra e un tamaño entre 20 e 30 cm; viven á beira dos ríos" e identifica co xénero Tringa; bilurico

143