19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

portugués é perna-verde ou perna-verde-comum (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta ave a denominación de zouvico nas

terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). Os nomes xenéricos populares rexistrados para

Tringa totanus poderían aplicarse tamén a esta especie.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa totanus,

que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador claro

fai referencia á cor da plumaxe; zouvico probabelmente ten relación con bico, que, como é habitual

nestas especies, é longo, e talvez tamén con zoupar, zoupear ou zoupicar (bater, botar ou pegar);

pativerde e similares refírense á cor característica das patas desta especie. Para as denominacións

xenéricas, véxase T. totanus.

bilurico alinegro Tringa ochropus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico alinegro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

últimas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e noutras moitas publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica,

o nome portugués é bique-bique, maçarico-bique-bique ou pássaro-bique-bique (2A, 10A, 11B,

1D, 2D e 3D, o segundo nome con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta ave a denominación de *zarapito

dos pequenos (zarapico ou zarrapico dos pequenos) nas terras da desaparecida lagoa de Antela,

na Limia (9A). F. Bernis Madrazo cita a Ríos Naceyro (1850), que recolle o nome vernáculo de

andarrío especificamente para T. ochropus (11B). Os nomes xenéricos populares rexistrados para

Tringa totanus poderían aplicarse tamén a esta especie.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en T. totanus, que

tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica, o modificador

alinegro alude a unha das características que identifican esta especie, as ás totalmente negras por riba

e por baixo; dos pequenos, ao seu tamaño, en comparación con outras aves limícolas. Andarrío está

relacionado co seu hábitat típico, a beira dos ríos. Non se encontrou unha explicación para a

denominación portuguesa bique-bique; talvez faga referencia ao seu bicar constante. Para bilurico,

véxase Tringa totanus; para mazarico e zarapico, Numenius arquata.

bilurico bastardo Tringa glareola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico pintado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas últimas guías de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 5A, 6A, 11A e 22A). Bilurico bastardo foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado en varias publicacións (4A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son maçarico-dedorso-malhado

e maçarico-bastardo (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Os nomes xenéricos populares rexistrados para Tringa totanus poderían

aplicarse tamén a esta especie.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en T. totanus, que

tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase T. totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador galego

pintado e o portugués de-dorso-malhado aluden ás pintas que ten na plumaxe parda do lombo; o

modificador bastardo, aplicado a animais, quere dicir que non é de raza pura, que está cruzado, pero

este non é o caso real de Tringa glareola, pois é unha especie como tal, aínda que aos ollos populares

poida parecer un cruzamento de especies. Para os nomes xenéricos, véxase T. totanus.

142

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!