19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

diferente: Cinclus cinclus); bilurico (como galega e preferente), que identifica co xénero Tringa e co

sinónimo pílora (que non ten entrada propia); vilorico (como galega non preferente), que remite a

bilurico; e píldora, que define e identifica con bilurico.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Bilurico tense recollido con frecuencia na nosa

literatura. Así, por exemplo, empregábao Heliodoro Fernández Gastañuduy n' Un vello paroleiro (1912):

"Parecía un bilorico. / Que tiña a pruma mollada...". Ou Manuel Prieto Marcos, en Versos en ganma de

gaita (1943): "Eu depinicaba o corpo fríxido dun bilorico. No intre de lle ripar o corazón...". X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) citan uns versos de E. Rico onde se fai referencia ao bilurico:

"Asubía o bilurico / pola mañá de moi cedo / ¿que levará no seu bico, / que vai cantando lan ledo?".

Tamén a variante vilorico, como fai Xosé María Álvarez Blázquez no poema O que ben che quer

(incluído en Roseira do teu mencer, 1950): "O que ben che quer / éche o vilorico que anda polo ler".

No refraneiro popular mariñeiro recóllese tamén as denominacións bilorico e belorico:

"Cando chían os biloricos, moita auga e moito frío." / "Cando chían os beloricos, muita auga

e muito frío."

"Cantan os biloricos na terra, chuvia sen falta se espera."

Para alén diso, na literatura popular é de abondo coñecida unha recitación referida ao bilurico,

con moitas variantes:

"Bico bico, bilurico, quen che deu tamaño bico? Deumo Deus e San Francisco...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, como explica M. C. Ríos Panisse, a

maior parte destes nomes (bilurico, belurico, pirulico etc.) son onomatopeicos e reflicten o

característico reclamo silábico que fan estas aves (un ti-ru-lí ou un pi-ru-lí), podendo incluír tamén o

termo bico, dalgún xeito, dentro do nome (7B). Pírola, pírula e píralo parecen tamén denominacións

onomatopeicas. Mazarico é un nome xenérico para aves pernaltas que andan na auga; para unha

posíbel significación, véxase Numenius arquata. A denominación corlobico parece inapropiada para

Tringa, pois estes paxaros teñen o bico longo, mais non encurvado (é un nome, porén, ben propio de

Numenius, e en efecto aparece tamén documentado para N. arquata no traballo de M. C. Ríos Panisse).

Por outra banda, aliluxado fai referencia á conspicua cor branca das súas ás, que se pode distinguir de

ben lonxe, e patirrubio á rechamante cor das súas patas. O modificador común indica que é a máis

común dos biluricos da nosa xeografía.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión, na

procura dunha maior especificidade dos nomes no campo da ornitoloxía especializada, sería mellor

manter a denominación bilurico común para T. totanus, téndomos en conta que o trazo patirrubio

non é específico, pois é tamén un nome moi acaído para o Tringa erythropus, especie que con

frecuencia se observa nas zonas húmidas galegas (hai que andar pensando: “Cal é o patirrubio, o

totanus ou o erythropus?”). Ademais, bilurico patirrubio xa se ten empregado para T. ochropus

noutras publicacións e isto crea aínda maior confusión. O nome bilurico común, no entanto, define

moi ben T. totanus entre as especies de biluricos, é inconfundíbel e é bo de lembrar.

bilurico fino Tringa stagnatilis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico fino foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nas últimas guías

de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(6A, 10A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é perna-verde-fino (2A, 1D, 2D

e 3D).

● Nomes populares. Aínda que é unha ave de presenza bastante rara na Galiza, os nomes

xenéricos populares rexistrados para Tringa totanus poderíanse aplicar tamén a esta especie.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa totanus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Tringa totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador fino fai

referencia ao seu bico e á forma esvelta do seu corpo; perna-verde, á cor das patas deste paxaro.

Para as denominacións xenéricas, véxase Tringa totanus.

bilurico claro Tringa nebularia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico pativerde foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A e 17A). Bilurico claro foi proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

141

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!