19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

definiu como paxaro que vive ao lado da ría, e podería tratarse desta especie ou de T. totanus, que son

as dúas limícolas máis comúns con patas vermellas (3C).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Tringa totanus,

que tamén se poderían aplicar a esta especie. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle bilurico patirroxo e bilurico

patirrubio como sinónimos inespecíficos para T. erythropus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Tringa totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, escuro fai referencia

á cor da súa plumaxe na época primaveral; patirrubio, patarroxa e similares, á rechamante cor das

súas patas. O termo bastardo, aplicado a animais, quere dicir que non é de raza pura, que está

cruzado, pero este non é o caso de T. erythropus, pois é unha especie como tal; aínda que, aos ollos

populares, poida parecer un cruzamento de especies. Para as denominacións xenéricas, véxase T.

totanus.

bilurico común Tringa totanus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico aliluxado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións (1A, 2A,

4A, 7A e 18A). Bilurico patirrubio foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense

empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde e T. A. Vidal

propuxeran o nome de bilurico común (10B); tamén se empregou este nome nas últimas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 14A e 17A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é perna-vermelha ou perna-vermelha-comum (2A, 10A,

1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes denominacións vivas na fala

específicas para Tinga totanus (aínda que é posíbel que estean referidas tamén a outras especies do

xénero Tringa, pois son bastante parecidas e non se mencionan no traballo de M. C. Ríos Panisse):

bildurica, en Rianxo; bildurico, en Rianxo; bilorico, en Cambados; bilurico, en Cambados,

Escarabote, Carril, Portonovo, Noia e Portosín; birolico, en Muros; corlobico, en Camariñas; píldora,

en Noia, Cambados, Cedeira, O Grove e Escarabote; pildurico, en Mogor; píralo, en Aguiño; pírola,

en Portosín e Ribeira; pírula, en Cangas e Panxón; pirula, en Lira; pirulí, en Laxe; pirulico, en

Cesantes e Bueu (7B). M. C. Ríos Panisse tamén recolle referencias doutros autores nas que non estaba

especificado o nome científico da ave, algunhas delas moi semellantes as denominacións recollidas para

Tringa (belorico, belurico, bilurique, perolico), mais outras ben diferentes e que pode que se

estean a referir a outras aves limícolas (7B). J. S. Crespo Pozo recolle como nome galego vilurico e

apunta a localidade de Cambados (12G). A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie a denominación

popular de pirlo nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia, (9A). F. Bernis Madrazo

rexistrou as voces mazarico e masarico en varias localidades de Lugo e Pontevedra, referidas ao

xénero Numenius, mais tamén a Tringa e Calidris (11B). G. Baamonde Traveso rexistrou a voz

patarroxa en Cedofeita, que definiu como paxaro que vive ao lado da ría, e podería tratarse desta

especie ou de T. erythropus, que son as dúas limícolas máis comúns con patas vermellas (3C). Por

outro lado, no refraneiro popular galego recóllese a denominación bilorico (véxase uso dos seus nomes

na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas bilurico, que define como ave que vive nalgunhas lagoas da

Galiza e na beira do mar, identificándoa con bilorico, belurico e belorico; bilorico, que remite a

bilurico; belorico, que remite a bilurico; e belurico, que remite a bilurico. No Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, na entrada

castelá gaviota, aparecen as voces galegas bilurico e bilorico identificadas como polo da gaivota

(posibelmente, unha identificación errónea). No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada bilurico identificada co xénero Numenius e con

Tringa hypoleucos e coa variante belurico (que non ten entrada propia) e a entrada pílora identificada

con bilurico e con Tringa totanus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle bilurico mallado, bilurico común e

bilurico aliluxado como sinónimos inespecíficos para T. totanus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas: lavacús (como galega e preferente) e lavacú

(como galega, mais non preferente), que define como "xénero de aves limícolas que teñen as patas e o

peteiro longos, pluma xeralmente parda, con machas brancas nas ás e na mitra e un tamaño entre 20 e

30 cm; viven á beira dos ríos" e identifica co xénero Tringa (poderían estar referidas a estas especies;

outros autores recollen esta denominación para outro paxaro que tamén anda no río, pero ben

140

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!