19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

C. Pedreira López et al. rexistraron masarico (sempre con seseo) para Numenius arquata no concello

de Ames, A Coruña (9B). F. Bernis Madrazo rexistrou as voces mazarico e masarico en varias

localidades de Lugo e Pontevedra, referidas ao xénero Numenius, mais tamén a Tringa e Calidris; non

obstante en Cospeito (Lugo) rexistrou masarico real con posíbel asignación a Numenius (11B). Por

outro lado, no refraneiro popular galego tamén se recolle a denominación xenérica de mazarico

(véxase uso dos seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, identifica a voz galega mazarico coa castelá zarapito ou chorlito e dá como sinónimo

zarrapico; tamén inclúe zarapico, que identifica coa voz castelá zarapito, e zarrapico, que nunha das

acepcións identifica coas voces castelás zarapito real e chorlito e co sinónimo mazarico. O Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal,

identifica a voz castelá zarapito coa galega mazarico e especifica para a subentrada zarapito real a voz

galega zarrapico. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparecen as entradas: bilurico identificada co xénero Numenius e con Tringa hypoleucos e coa

variante belurico (que non ten entrada propia); mazarico, que nunha das acepcións define como este

tipo de paxaros (noutra, como voz para Alcedo atthis; noutra dáa para Picus viridis), achegando o

sinónimo zarrapico e identificando especificamente mazarico curli con Numenius arquata; zarapico,

que nunha das acepcións identifica xenericamente con mazarico e N. arquata; zarrapico, que tamén

nunha das acepcións identifica con mazarico e con N. arquata. O Diccionario de sinónimos da lingua

galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle os sinónimos

inespecíficos apuntados en Numenius phaeopus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, aparece a entrada mazarico, especificando nunha das acepcións a denominación

mazarico curlí para N. arquata.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Eduardo Pondal usa mazarico en Queixumes dos

Pinos (1886): "Ouh, mazarico que cantas / tras do pinal do Marico / non sei que me dá se te ouzo, /

non cantes máis mazarico: / ¡cal fero cuitelo pasante e punxente, / mesmo na alma te sinto!".

Igualmente, F. García Acuña, en Orballeiras (1887): "Parva quedei, cal qued'un mazarico...". Ou

Fuco G. Gómez, n' O idioma dos animás (1937): "¡¡Huíiii!!... ¡¡Huíiii!! -berrou o mazarico cunha

sinerdade que cortab'as pedras."

No refraneiro popular mariñeiro tamén se recolle de modo xenérico o nome mazarico:

"Mazaricos á terra, mariñeiros á merda."

"Mazaricos na praia a abouxar, os mariscos a aboiar."

"Mazaricos á terra, mariñeiros sen pesca."

Para alén diso, na literatura popular existen recitacións referidas ao mazarico, con moitas

variantes:

"Mazarico, mazarico, quen che deu tamaño bico? Deumo Deus e San Francisco...".

"Mazarico, pico pico, mazarico, pico pon, no bico unha ponla, na ponla unha frol...".

A respecto do emprego de bilurico na nosa literatura, véxase Tringa totanus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, M. C. Ríos Panisse

explica que o nome de mazarico pode ter relación con mazar (polo peteirar constante) ou co mes de

marzo (mes no que a ave empeza a cantar); a denominación corlobico ten relación coa voz

característica que emite a ave ("cur-lí") e con bico, de forma curvada; as denominacións píldora,

pildurico e pirulí parecen onomatopeicas, e as de sarapico, sarrapico e similares seguramente

teñen a ver con cerrar e con bico, pola característica forma curvada que ten o bico desta ave (7B). Os

nomes bilurico e belorico parecen en parte onomatopeicas e en parte ter relación con bico. O

modificador curlí é claramente onomatopeico ("cur-lí" é a voz máis característica que emite este

paxaro). Real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificar como

especies, e que ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas

cores, ás veces cunha certa maxestade no xeito de camiñar, de voar ou de se mover en xeral.

bilurico escuro Tringa erythropus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bilurico patirroxo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (1A e 2A). Bilurico

escuro foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nas

últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunhas publicacións utilizouse

bilurico patirrubio (4A, 5A, 6A, 11A, 17A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses

son perna-vermelha-escuro e perna-vermelha-bastardo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Os nomes xenéricos populares rexistrados para Tringa totanus poderían

aplicarse tamén a esta especie. G. Baamonde Traveso rexistrou a voz patarroxa en Cedofeita, que

139

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!