19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 15A, 16 e 14A) e tamén na terceira guía de Penas Patiño e

Pedreira López (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é maçarico-galego (2A, 10A,

11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións de

zarapico e zarapico pequeno nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A).

Probabelmente, moitos dos nomes populares recollidos no traballo de M. C. Ríos Panisse para Numenius

arquata poden empregarse tamén para Numenius phaeopus (7B). Outros nomes xenéricos están

indicados en Numenius arquata.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Numenius

arquata. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparecen as entradas: bilurico identificada co xénero Numenius e con Tringa hypoleucos e coa

variante belurico (que non ten entrada propia); mazarico, que nunha das acepcións define como este

tipo de paxaros (noutra, como voz para Alcedo atthis; noutra dáa para Picus viridis), achegando o

sinónimo zarrapico e identificando especificamente mazarico galego con Numenius phaeopus;

zarapico, que nunha das acepcións identifica xenericamente con mazarico e Numenius arquata;

zarrapico, que tamén nunha das acepcións identifica con mazarico e con Numenius arquata. O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle mazarico e zarrapito como sinónimos inespecíficos para os xéneros

Numenius e Limosa. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a

entrada mazarico (como galega e preferente), especificando nunha das acepcións a denominación

mazarico galego para Numenius phaeopus; recolle tamén zarrapico (como galega, mais non

preferente), que, nunha das acepcións, remite a mazarico; rexeita as voces zarapico e zarapito, que

remiten a mazarico.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de mazarico na nosa

literatura, véxase Numenius arquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á motivación semántica, o modificador

chiador fai referencia aos chíos que emite, moi sonoros; galego é unha denominación popular, porén,

realmente, non ten ningunha característica particular na súa bioloxía para ser chamado así (en

portugués úsase galego como sinónimo de pequeno); pequeno alude ao seu tamaño, en comparación

coa outra especie similar, Numenius arquata; para o resto das denominacións, véxase N. arquata.

mazarico real Numenius arquata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mazarico curlí foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 17A e 18A). Mazarico real foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense empregado en varias publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é maçarico-real (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou e recolleu as seguintes denominacións vivas no

galego falado e referencias bibliográficas para nomear específicamente a Numenius arquata (é posíbel

que moitas delas tamén estean referidas tamén a Numenius phaeopus, pois ambas as dúas especies

son frecuentes na Galiza e bastante parecidas, e ademais non se menciona N. phaeopus no traballo de

Ríos Panisse): corlobico, en Camariñas; marzarico, en Rinlo; masarica, en Carril; masarico, en

Cambados, Noia, Muros, Sardiñeiro, Lira, Abelleira, Portosín, Ézaro, Muxía, Bueu, Bouzas, Caminha,

Panxón, Ribeira, O Grove, Aguiño, Redondela e Escarabote; mazarico, en Bares, Viveiro, Espasante,

Cedeira, Ares, Miño, Cariño, Foz, Burela, Ribadeo, As Figueiras, Corme, Caión, Mera, Pontedeume,

Cesantes, Mugardos, Malpica e Rinlo; píldora real, en Noia; pildurico, en Mogor; pirulí, en Laxe;

sarapico, referenciado por outros autores en Redondela; sarrapico, referenciado por outros autores

en Redondela; zarrapico, referenciado por outros autores en Redondela; o castelanismo zarrapito,

referenciado por outros autores sen especificar localidade (7B). J. S. Crespo Pozo recolle como nome

galego mazarico e apunta a localidade de Cambados (12G). A. Villarino Gómez rexistrou as

denominacións populares de zarapico, bicolongo e *zarapito grande (zarapico ou zarrapico

grande) para esta especie nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). A voz mazarico

tense rexistrado en moitas localidades, identificándoa coa castelá zarapito (xénero Numenius): F.

Fernández Rei rexistrouna en Cariño; J. M. Dobarro Paz, en Cabalar; M. R. Martínez Martínez, en Curtis;

F. Vecino Tomás, en Razo; M. C. Alonso Pérez, en Escarabote; M. J. Pérez Alonso, en Goián; M. Prado

Fernández, en Ferreira de Valadouro; M. C. Enríquez Salido, no Grove; M. I. González Fernández, en

Val de Burón; A. Santamarina Fernández, en Val do Suarna; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita (3C).

138

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!