19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se encontraron denominacións para

esta especie, salvante as xenéricas apuntadas en Numenius phaeopus. O Dicionário da língua galega de

I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada *agulla, que fai referencia ao

xénero Limosa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de mazarico na nosa literatura,

véxase Numenius arquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Mazarico é un nome xenérico para aves pernaltas que

andan na auga; para unha posíbel significación, véxase Numenius arquata. Os modificadores galegos

rabinegro e colinegra aluden á mancha negra do rabo, característica deste paxaro; o nome *agulla e

o modificador portugués de-bico-direito, ao seu bico longo e recto. O nome portugués fuselo está

relacionado con fuso, o instrumento longo e pontiagudo, que pode lembrar a forma do bico. Real é un

cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, e que ás

veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, como

seguramente sexa o caso.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En relación coa escolla

da denominación xenérica, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa explican que é unha ave que non

ten un nome propio en galego, que *agulla é unha tradución do castelán aguja e que é perfectamente

válido optar polo nome xenérico de mazarico (10B).

mazarico rabipinto Limosa lapponica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Agulla colipinta foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación

(1A, 2A e 4A). Mazarico rubio foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e de T.

A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). Nas últimas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e noutras

publicacións utilizouse mazarico rabipinto (5A, 6A, 11A, 17A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é fuselo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Non se lle coñecen nomes populares específicos. Sobre o nome xenérico

mazarico e similares, véxase Numenius arquata.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se encontraron denominacións para

esta especie, salvante as xenéricas apuntadas en Numenius phaeopus. O Dicionário da língua galega de

I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada *agulla, que se refire ao

xénero Limosa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de mazarico na nosa

literatura, véxase Numenius arquata.

● Etimoloxía / motivación semántica. Mazarico é un nome xenérico para aves pernaltas que

andan na auga; para unha posíbel significación, véxase Numenius arquata. Os modificadores galegos

rabipinto e colipinta aluden ás pintas do rabo, características deste paxaro; rubio, á vistosa plumaxe

nupcial; o nome *agulla, ao seu bico longo e recto. O nome portugués fuselo está relacionado con

fuso, o instrumento longo e pontiagudo, que pode lembrar a forma do bico.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En relación coa escolla

da denominación xenérica estándar, véxase Limosa limosa.

Canto ao nome específico de Limosa lapponica, o modificador rubio non parece de todo

apropiado, xa que tamén se podería aplicar á outra especie do mesmo xénero, Limosa limosa, bastante

semellante (certamente L. lapponica é moi rubia na época nupcial, mais igualmente L. limosa ten nesa

época unha rechamante cor rubia en boa parte do corpo). Por isto talvez sería mellor manter mazarico

rabipinto para L. lapponica, pois o trazo do rabo pinto, alén de caracterizar ben a especie, é

inconfundíbel (en comparación co trazo da plumaxe rubia). Ademais o nome de L. limosa, mazarico

rabinegro, tamén alude ao rabo, de modo que así forman un sistema binomial de nomenclatura: o par

“mazarico rabipinto / mazarico rabinegro” resulta mnemotecnicamente moito máis eficaz que o par

“mazarico rubio / mazarico rabinegro”.

mazarico chiador Numenius phaeopus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mazarico galego foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas primeiras guías de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (1A, 2A, 4A, 5A, 6A, 11A e 17A). Mazarico chiador foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado en varias

137

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!