19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Nas nosas letras tamén se recolle a voz xenérica

auganeta, e no galego medieval a forma agoaneta (véxase G. gallinago).

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica de *becacina e

outros nomes xenéricos desta especie, véxase G. gallinago. Real é un cualificativo engadido ao nome

xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, e que ás veces ten relación cunha certa

beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ás veces cunha certa maxestade no xeito de

camiñaren, de voaren ou de se moveren en xeral (neste caso, talvez, polo seu maior tamaño ou pola

vistosa plumaxe branca que ten no rabo). Grande fai referencia ao seu tamaño, pois é a máis grande

das tres especies de agachas ou narcexas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase G. gallinago a

respecto da consideración de *becacina.

arcea Scolopax rusticola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Arcea foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guías de aves de

X. M. Penas e C. Pedreira (1A, 5A e 22A; na última, arcea común), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras moitas publicacións (2A, 4A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A,

15A, 18A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é galinhola ou galinhola-comum

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Scolopax rusticola as denominacións

populares de galiñola, pitarola e *perdiz chocha nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia

(9A). Tamén nas terras da Limia, o autor do presente traballo rexistrou pita das poulas para esta

especie. A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen gaiñola

para S. rusticola na comarca de Verín (23B). C. Pedreira López et al. rexistraron arcea (con e sen

seseo) para S. rusticola no concello de Ames, A Coruña (9B). M. Taboada Cid rexistrou *chocho en

Verín e na Mezquita e M. C. Gil Suárez en Vilardevós (3C). A voz arcea é moi popular e está moi

estendida en toda Galiza. J. M. Dobarro Paz rexistrouna no galego de Cabalar; M. R. Martínez Martínez,

no galego de Curtis; J. L. Couceiro Pérez, no de Feás; I. Leis Casanova, no de Sta. Eulalia de Dumbría;

R. Seco Fernández, en Santa Combra; C. García González, en Compostela; R. Fraga García, en Melide;

M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; M. J. Pérez Froiz, en Sta. María de Oirós; M. Prado

Fernández, en Ferreira de Valadouro; G. Baamonde Traveso, en Cedofeita; C. E. Blanco Fernández, en

Crecente; X. Pena Seijas, en Guitiriz; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín; M. I. Vázquez Fernández, en

Pereiramá; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; S. Cortiña Vázquez, en Friol (3C). M. González

González rexistrou a voz cea para esta especie no Incio (3C). F. Bernis Madrazo rexistrou tamén arcea

en Asturias e na provincia de Lugo, arceote na provincia de Lugo e *pitorra nas provincias de León e

Zamora (11B). F. Bernis Madrazo rexistrou o nome castelanizado *gallinola e o castelanismo *gallinuela

en Cospeito (Lugo) e Vares (A Coruña) para Fulica atra, pero comenta que L. Iglesias (1927) tamén

asigna estes vernáculos a S. rusticola (11B). No segundo apéndice do Diccionario enciclopédico gallegocastellano

de Eladio Rodríguez González (1958-1961), un vocabulario castelán-galego que achegou

Aníbal tero, apúntase a voz castelá becacina como equivalente á galega narcexa (que é Gallinago

gallinago) e xusto a seguir a voz castelá becada como equivalente ás voces galegas arcea e galiñola

(que é Scolopax rusticola); non se indica a localidade exacta de cada palabra, só aparece a listaxe de

todas as localidades da provincia de Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña onde se recolleu o

conxunto do material.

Por último, na fraseoloxía da lingua galega existe un conxunto de expresións populares que se

forman con torda como substantivo e adxectivo a partir de ser un –ou unha– torda, referíndose a

unha persoa pouco intelixente e moi torpe, que probabelmente teñen a súa orixe nun dos nomes deste

paxaro: Non sexas torda! / O torda ese... (referíndose a un home, a un rapaz) / A torda esa...

(referíndose a unha muller, a unha rapaza) / Es un torda! / Es unha torda!

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada arcea, identificada coas voces castelás becada, chocha perdiz, e co

sinónimo galiñola; a voz castelá becada aparece identificada coas voces galegas arcea e galiñola. No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparece a voz castelá becada identificada coas voces galegas *becafigo, pipioro,

galiñola e arcea, e a voz castelá chocha ou chochaperdiz identificada con arcea, *becafigo,

*papafigo e galiñola. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparecen as entradas arcea (nunha das súas acepcións fai referencia a esta especie), cea

(nunha das súas acepcións remite a arcea) e narcexa ("páxaro chamado tamén arcea"), *pitorra

(nunha das súas acepcións) e torda (refírese a arcea, *becada, identificada con Scolopax rusticola,

aínda que despois non inclúe entrada para *becada). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de

134

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!