19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

palabra propiamente galega a partir da década dos anos 90 do século pasado. Como acabamos de ver,

*becacina aparece nos tres dicionarios máis recentes peneirados para este traballo, que foron editados

nos anos 1995, 1997 e 2000, porén nunca aparecera antes. Para alén de que *becacina fose un

vocábulo cada vez máis popular, probabelmente na súa inclusión nos dicionarios tamén influíu que se

recollese na Lista patrón de aves de Galicia e que se empregase nas publicacións posteriores no ámbito

ornitolóxico galego.

Por outro lado, debeu resultar incongruente que *becacina se considerase na ornitoloxía galega

palabra correcta para nos referirmos a G. gallinago e non *becada para nos referir a S. rusticola, cando

ambas as dúas designan en castelán aves relativamente similares, formando un sistema eficaz que

permite diferencialas e lembralas con éxito. O resultado é que os dicionarios de galego actuais

presentan moita vacilación a respecto destas dúas denominacións: hainos que recollen becacina e

condenan *becada; hainos que polo contrario recollen becada e non recollen *becacina; hainos que

recollen ambas as dúas como galegas; e hainos, tamén, que non recollen ningunha das dúas.

Na nosa opinión, o criterio estabelecido e seguido pola ornitoloxía galega e asumido polos

dicionarios modernos a respecto de *becacina non é un bo criterio. Cando un estranxeirismo penetra

nunha lingua, por vía de regra, aplícase un primeiro criterio básico para que ese estranxeirismo se

poida incorporar como palabra propia da lingua que o recibe: que a lingua receptora o necesite. Nese

caso ás veces adóptase, e o que inicialmente era un estranxeirismo convértese nun empréstito

lingüístico. Mais este non é para nada o caso de *becacina (nin de *becada) na lingua galega, onde

xa temos unha chea de nomes patrimoniais aplicábeis tanto para as especies dos xéneros Gallinago e

Lymnocryptes como para S. rusticola, que van sendo cada vez máis descoñecidos precisamente por

causa da incorporación e da divulgación (moi favorecida polo castelán) de *becacina e *becada.

Á vista do antedito, pensamos que *becada e *becacina deberían considerarse castelanismos

e que no futuro deberían revitalizarse as formas propiamente galegas para denominarmos das tres

especies do xénero Gallinago e Lymnocryptes, isto é, máis unha vez: aguaneta, narcexa, arceolo,

arciúcha, cabra do aire, paxaro berrón, brañenta, agacho ou as similares a estas. No contexto

que nos atinxe, o da ornitoloxía especializada, debería reformularse a denominación destas tres

especies con outro nome xenérico. Sería interesante mantermos o sistema de nomenclatura

comparativo e mnemotecnicamente consistente a que fixemos referencia, con arcea para Scolopax

rusticola e, por exemplo, arceolo ou narcexa para os xéneros Gallinago e Lymnocryptes. Así, a serie

arceolo pequeno ou narcexa pequena, arceolo común ou narcexa común e arceolo real ou

narcexa real, respectivamente para Lymnocryptes minimus, Gallinago gallinago e Gallinago media,

como vemos, está relacionada co nome arcea para Scolopax rusticola. No caso do xenérico narcexa,

mantense bastante correspondencia coas denominacións estandarizadas na ornitoloxía especializada

portuguesa para estas tres especies máis pequenas.

A este respecto, pódese atopar máis información sobre este mesmo asunto no artigo: "*Becada

e *becacina: dous castelanismos que non deberían incorporarse á lingua galega", publicado no ano

2011 en Estudos de Lingüística Galega, publicada polo do autor do presente traballo, e tamén na nota

intitulada "*Becada e *becacina", no web O Cartafol / Un idioma preciso, do Servizo de Normalización

Lingüística da USC (Ref. 21B), tamén do autor do presente traballo.

Por último, queremos apuntar que probabelmente *agachadiza tamén é un castelanismo

(lembremos que os nomes das especies relacionadas coa actividade cinexética son moito máis

susceptíbeis de castelanización do que son outrose que non se recolle agachadiza nas fontes da

tradición lexicográfica galega).

narcexa real Gallinago media

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Becacina real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (1A, 5A e 22A) e tamén se recolleu o se utilizou noutras publicacións ornitolóxicas (2A,

4A, 10A, 11A, 12A, 13A, 15A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, recibe os nomes portugueses de

narceja-real ou narceja-grande (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, a primeira con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara aparición na Galiza e non se teñen rexistrado

nomes populares, non sendo os xenéricos comentados en Gallinago gallinago.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as denominacións apuntadas en G. gallinago. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, as entradas xenéricas de agacha, aguaneta e

*becacina para se referir a este grupo de especies, e na última especifica a denominación de

*becacina-real para Gallinago media.

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!