19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

emprégase bécasse para S. rusticola e bécassine para G. gallinago; en catalán, becada e becadell

respectivamente, etc. Como vemos, para a denominación de G. gallinago utilízase sempre un sufixo

diminutivo ou talvez despectivo.

O nome narcexa, cun ene inicial, pode ser unha simple corruptela ou variación de arcea, mais

tamén sería posíbel que a súa etimoloxía estivese influenciada polo termo prerromano nara, que

significa auga. De feito, en Asturias existe o vocábulo “narcea” (que lle dá nome ao río Narcea), sobre

cuxa etimoloxía non hai dúbida de que, cando menos, está presente o prerromano nara. O feito de que

nara, auga, estivese tamén presente na formación de narcexa a partir de arcea estaría en total

correspondencia cunha característica ben coñecida popularmente que diferencia marcadamente S.

rusticola das especies do xénero Gallinago: os seus hábitats. En efecto, a pesar de seren fisicamente

semellantes, S. rusticola vive tipicamente nos bosques e as especies de Gallinago e Lymnocryptes son

ben propias dos hábitats acuáticos: as beiras dos ríos, as marismas e as brañas. Deste modo, unha

“narcea” sería unha “arcea da auga” (nara, auga + accēia, arcea). A terminación -exa pode

corresponder ao sufixo exo/exa, indicador de tamaño pequeno ou mesmo cargado de certa connotación

despectiva (como nos termos galegos lugarexo, animalexo ou trapexo), e tamén ligaría coa

comparación fisica entre a propiamente arcea (S. rusticola), de corpo redondo, máis repoluda e

visibelmente de maior tamaño, e a propiamente narcexa (G. gallinago), ben máis pequena e

visibelmente menos robusta que a arcea. Así, unha narcexa pode ser unha “arcea da auga” e asemade

“unha arcea máis pequena ou cativa”.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A pesar de que

*becacina se divulgou no ámbito da ornitoloxía galega especializada desde a década dos anos setenta

do século pasado, nomeadamente a partir da Lista patrón de aves de Galicia e logo despois coa súa

difusión nas publicacións ornitolóxicas, no presente traballo quérese achegar unha reflexión sobre a

galeguidade do termo *becacina, é dicir, se este é ou non é un termo propiamente galego, e as

implicacións que na nosa opinión deberían considerarse ao respecto.

En primeiro lugar é moi importante subliñarmos que en fontes lexicográficas antigas, desde os

traballos de Martín Sarmiento (1746-1755) até 1950, non se recollen nin becada nin becacina como

nomes galegos, antes ao contrario, estes son os nomes casteláns para os que se dan os nomes galegos

equivalentes (1G, 5G, 7G e 8G, entre outros).

Nesta mesma liña, xa entre 1950 e 1990, é interesante apuntarmos que o Diccionario

enciclopédico gallego-castellano de E. Rodríguez González (1958-1961), nos seus apéndices, dá con

acertada distinción a voz galega narcexa para a castelá becacina e asemade as galegas arcea e

galiñola para a voz castelá becada (9G). O Frampas, contribución al diccionario gallego, de E. Rivas

Quintas (1978), recolle as voces cabra louca, agacha e gaxota, que define como ave acuática de

color rubio que al anochecer emite un sonido muy parecido al de la cabra, e non recolle tampouco

becacina como voz galega (10G). Na Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego, de J.

Crespo Pozo (1985), apúntase para o termo castelán becacina, os termos galegos aguaneta, cabra do

aire e marcexa; e para o termo castelán becada, arcea, galiñola e galiña de auga (12G).

Igualmente os dous dicionarios máis vellos referenciados máis arriba, na alínea dicionarios consultados,

pertencentes tamén a este período, recollen narcexa e marcexa como voces galegas, nunca becacina,

que a consideran castelá.

Outro aspecto en que é interesante pormos atención é que, se becacina e becada fosen voces

patrimoniais galegas, é dicir, que evolucionasen desde o primeiro momento do prerromano beccus ao

longo dos séculos conforme ás leis da evolución fonética do galego, cabería esperar formas como

bicacina e bicada, con “i”, e non becacina e becada.

Cando becacina aparece na lingua galega falada, ademais, está moi en relación coa actividade

cinexética e co contacto con cazadores casteláns, como ben apunta M. A. Conde Teira (12B). Non é

casual que outros nomes cuestionados neste traballo, *guión de paspallás para Crex crex e *rascón de

auga para Rallus aquaticus (véxase estas especies), teñan a ver co mundo da caza. A actividade

cinexética foi unha vía popular de contacto coa lingua castelá, unha vía particular favoreceu a

introdución e rápida popularización de nomes casteláns para as especies da fauna relacionadas coa

caza. Así, *becacina fíxose máis e máis popular por causa da influencia constante do castelán na

actividade cinexética, e comezou a empregarse en lugar das voces patrimoniais galegas: arceolo,

aguaneta, cabra do aire, paxaro berrón, brañenta, agacha etc., ao punto de chegaren a parecer

mesmo estrañas fronte ao termo cada vez máis popular de *becacina. A este respecto resulta ben

ilustrativo que o escritor Álvaro Cunqueiro empregue tamén becacina n’A cociña galega (1973) para

aclarar cal é o significado de auganeta; a frase completa, citada máis arriba na alínea referida á

literatura, é: “Esto que vale para a perdiz, val tamén para a arcea e para auganeta, a becacina”.

Cunqueiro emprega en primeiro lugar dúas voces propiamente galegas para Scolopax e Gallinago,

arcea e auganeta, mais logo a seguir engade *becacina, consciente de que non todo o mundo vai

coñecer facilmente o termo auganeta, hai que explicalo, e hai que explicalo cun termo que talvez non

sexa “tan galego” e que coloca despois, en segundo lugar, pero que é máis coñecido e máis popular

que un termo propiamente galego referido a esa mesma especie.

É preciso e importante destacarmos que *becacina só está recollida nos dicionarios como

132

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!