19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz castelá becacina identificada coa voz galega narcexa. No Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal,

aparece a voz castelá agachadiza identificada coa voz galega marcexa (a voz castelá becacina está

identificada coa tamén castelá chocha, á que lle corresponden arcea, becafigo, papafigo e galiñola). No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, as entradas

xenéricas de agacha, aguaneta e *becacina para se referir a este grupo de especies, e na última

especifica a denominación de *becacina-cabra para Gallinago gallinago; na entrada "páxaro" ou

"paxaro" inclúe tamén a subentrada páxaro-cabra para se referir a esta especie. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle *abecacina, agacha, *agachadiza, agacho, aguaneta, arcea, arceolo, arciocho,

*becacina cabra, brañenta, cabra do aire, cabra louca, cabriña do ceo, cantureiro, caxota,

cerreta, chiba louca, paxaro cabra e tremedoiro como sinónimos para G. gallinago (narcexa

aparece tamén como sinónimo de arcea, mais identificada especificamente con Scolopax rusticola). No

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, recóllense as voces xenéricas

*avecacina, aguaneta, agacho, *agachadiza e *becacina (as catro primeiras como galegas, mais

non preferentes, e a quinta como preferente; nas catro primeiras remite a *becacina) para se referir a

este grupo de especies, especificando a denominación de *becacina común para G. gallinago; na

entrada "paxaro" inclúe tamén as subentradas paxaro berrón e paxaro cabra para se referir

especificamente a G. gallinago (a voz narcexa identifícaa con arcea).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Agoaneta é unha voz xa empregada na lingua

galega medieval (19G): "Iten petos et pegas et agoanetas a quatro coroadas... ".

Ademais, Álvaro Cunqueiro emprega auganeta n' A cociña galega (1973): "... Esto que vale

para a perdiz, val tamén para a arcea e para auganeta... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. Cabra e berrón talvez aluden ao característico berro seco

que Gallinago gallinago emite ao erguer o voo. Cabra e cabra louca poden tamén estar relacionados

co típico voo da parada nupcial de G. gallinago, uns súbitos picados que dan a impresión de que o

paxaro “está tolo” ou “louco”. Queimacananas indica que é unha especie cinexética moi buscada (as

cananas, as cartucheiras de coiro dos cazadores, “quéimanse” con esta ave). Os nomes agacha,

agacho, gacha e similares fan referencia ao típico costume que ten de se agachar e ficar quieta para

que non o vexan. O nome brañenta refírese á braña, que pode ser un dos seus hábitats. Galiñola está

motivado polo seu parecido cunha pita (é unha denominación ben máis propia de Scolopax rusticola;

véxase esta especie).

Aguaneta, aguana e similares teñen relación con agua, ou auga, polo seu hábitat acuático

(aguaneta tamén é o nome dalgunhas especies de micromamíferos que andan na auga, nalgúns lugares

asignado a Arvicola; outros micromamíferos tamén teñen nomes con esta raíz, como por exemplo

aguaneira e aguano, o último moi parecido a aguana, nalgúns lugares asignado a Galemys pyrenaicus).

A voz medieval non evolucionou cara á forma auganeta (aug-) na realidade quedou practicamente

fosilizada. Non puidemos confirmar se o uso de auganeta que fai o escritor Álvaro Cunqueiro n’ A

cociña galega (1973) se trataba verdadeiramente dunha forma rexistrada como tal ou da forma que ao

escritor lle pareceu que debía ser a correcta.

Becacina e becada (voz castelá para Scolopax rusticola) forman en español un sistema de

nomenclatura moi coñecido e divulgado na actividade cinexética: becada para o paxaro máis grande e

robusto (S. rusticola), e becacina, o nome cun sufixo diminutivo, para Gallinago gallinago, paxaro

parecido a S. rusticola mais comparativamente máis pequeno e fino. Ambos os dous nomes teñen

relación co prerromano beccus, bico, e fan referencia ao longo bico que teñen estas especies. M. A.

Conde Teira explica que o vocábulo castelán becacina moi probabelmente procede do francés

bécassine, e que por difusión entre os cazadores chegaría ao galego (12B). J. Corominas Vigneaux

recolle só o nome becada nos seus dicionarios etimolóxicos da lingua castelá (referíndose a Scolopax

rusticola) e indica a súa procedencia da denominación catalá becada (curiosamente non recolle

becacina para Gallinago gallinago, talvez por non a considerar aínda incorporada ao castelán).

Canto ás denominacións narcexa, arciocho, arceolo e similares, teñen relación morfolóxica e

semántica con arcea, nome galego para Scolopax rusticola, que como xa apuntamos ten un aspecto

relativamente semellante ás especies dos xéneros Gallinago e Lymnocryptes. Ás veces arcea e outras

similares, como arceote, úsanse tamén para Gallinago e Lymnocryptes, mais con moita frecuencia,

tanto no galego falado como nas publicacións ornitolóxicas, asígnase arcea de modo moi preciso a S.

rusticola. Arcea orixinouse no galegoportugués e no asturiano a partir do latín accēia e, como

apuntamos, en ambas as dúas linguas designa con bastante especificidade S. rusticola. Do mesmo

modo que en castelán se formou un sistema de nomenclatura con becada / becacina respectivamente

para Scolopax / Gallinago, no galego formouse con arcea / narcexa, arceolo, arceúcha, arciocho,

etc., é dicir, emprégase o mesmo nome que para Scolopax rusticola mais cun sufixo diminutivo ou

despectivo, indicativo de que Gallinago gallinago é máis miúda e magra. Este mesmo sistema de

nomenclatura, mnemotecnicamente eficaz, que emprega dous nomes moi semellantes para designar

estas especies tamén semellantes, orixinouse tamén noutras linguas dun modo similar. Así, en francés

131

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!