19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é narceja-galega (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares, non sendo os xenéricos (véxase G. gallinago).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as

denominacións apuntadas en Gallinago gallinago. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M.

Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá agachadiza

identificada coa voz galega marcexa; a voz castelá sorda (ave), igualmente con marcexa. No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as

entradas xenéricas de agacha, aguaneta e *becacina para se referir a este grupo de especies, e na

última especifica a denominación de *becacina-xorda para L. minimus. O Diccionario de sinónimos da

lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle arcea e

*becacina xorda como sinónimos de L. minimus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Nas nosas letras tamén se recolle a voz xenérica

auganeta e no galego medieval a forma agoaneta (véxase G. gallinago).

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de *becacina e outros

nomes xenéricos desta especie, véxase G. gallinago. O modificador xorda alude a que non fai ruído

cando ergue o voo, á diferenza de G. gallinago, que emite un berro seco cando sae voando, e pequena

fai referencia ao seu tamaño. Galega é unha denominación popular portuguesa (máis que propio da

Galiza, en portugués úsase galego como sinónimo de pequeno), a pesar de ser unha especie só

invernante e escasa na nosa terra; probabelmente ten a connotación de pequena, cativa (en Portugal

úsase “galego” ás veces como adxectivo para aquilo que é pequeno ou cativo).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase G. gallinago a

respecto da consideración de *becacina.

narcexa común Gallinago gallinago

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Becacina cabra foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas dúas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tamén

se ten recollido ou empregado noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 7A, 17A e 18A).

*Becacina –ou *becacina común– foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tamén se ten empregado ou recollido nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é narceja ou narceja-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións de cabra

do aire, cabra e cabra louca nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). C. Pedreira

López et al. rexistraron cabra do aire, cabra, cruxa do aire, cabuxa do aire e aguaneta (con e sen

gheada) para Gallinago gallinago no concello de Ames, A Coruña (9B). M. P. Paz González rexistrou

chiba louca no galego de Xunqueira de Ambía (3C). M. Taboada Cid rexistrou *abecacina no galego

de Verín (3C). G. Baamonde Traveso rexistrou agacho no galego de Cedofeita; J. L. Couceiro Pérez,

agoneta no galego de Feás; F. Fernández Rei, *agachadiza no galego de Cariño, aínda que é posíbel

que sexa un castelanismo; A. Pérez Cid, aguaneta en Marín (3C). M. A. Conde Teira rexistrou para

esta especie as denominacións cabra de aire, agacha, arceúcha, aguaneta e aguana (12B). J. L.

Couceiro Pérez rexistrou guana en Feás como "paxaro semellante á *becacina", e posibelmente

referíase a esta mesma especie (3C). F. Bernis Madrazo rexistrou gacha nunha localidade de Lugo,

oneja (onexa?) nunha localidade de Lugo, arciúcha en varias localidades de Lugo e arceote noutras

dúas localidades de Lugo (11B). J. L. Couceiro Pérez tamén rexistrou a voz gacha en Feás, sen

especificar a qué especie estaba referida, mais é probábel que fose esta (3C). M. Taboada Cid rexistrou

paxaro berrón na Mezquita (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez, berra na comarca de Verín (23B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recollen os nomes

populares galegos de cabriña do ceo, paxaro cabra, cabra do aire, arceolo, arciocho, aguaneta,

brañenta, cerreta, caxota e agacha (1A). H. Costa et al. recollen para esta especie as

denominacións galegas de queimacananas e arceote (1D). F. Bernis Madrazo cita Ríos Naceyro

(1850) e L. Iglesias (1927), que recollen para esta especie a denominación popular de aguaneta

(11B). No segundo apéndice do Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez

González (1958-1961), un vocabulario castelán-galego que achegou Aníbal tero, apúntase a voz castelá

becacina como equivalente á galega narcexa, así escrita, (que é Gallinago gallinago) e xusto a seguir a

voz castelá becada como equivalente ás voces galegas arcea e galiñola (que é Scolopax rusticola); non

se indica a localidade exacta de cada palabra, só aparece a listaxe de todas as localidades da provincia

de Lugo, Ourense, Pontevedra e A Coruña onde se recolleu o conxunto do material.

130

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!