19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

pilro canela Tryngites subruficollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro *canelo foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse na segunda e terceira guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido ou utilizado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (10A,

11A, 12A, 13A, 14A e 16A). Nunha publicación, empregouse pilriño *canelo (4A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pilrito-canela e pilrito-acanelado (2A, 1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes

populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que podería recibir esta especie

están apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en C.

dubius e Calidris alpina, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada pirlo (como galega e non preferente), que

remite a pilro, e pilro (esta como galega e preferente), que define como aves limícolas de pequeno

tamaño, especificando a denominación de pilro *canelo para Tryngites subruficollis.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Os modificadores *canelo,

canela e acanelado fan referencia á cor da súa plumaxe, que é como a da canela.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O modificador

*canelo é un calco do nome castelán desta especie, correlimos canelo, pois non é propio do galego que

este adxectivo presente variación morfolóxica de xénero gramatical. Para nos referirmos á calquera

realidade de cor semellante á da canela diriamos igualmente canela, non hai flexión de xénero en

galego para este adxectivo, ou sexa: o propio sería chamarlle pilro canela (do mesmo modo que se o

modificador fose “laranxa”, por exemplo, por semellanza coa cor da laranxa; daquela non diriamos

“pilro laranxo”, diriamos igualmente “pilro laranxa”). O uso deste adxectivo en portugués para T.

subruficollis, pilrito-canela, é esclarecedor tamén. Exactamente o mesmo acontece coa denominación

pato *canelo proposta en galego para Tadorna ferruginea, igualmente formulada a partir dun nome

castelán que emprega canelo.

combatente Philomachus pugnax

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Liorteiro foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e tamén se recolleu ou se empregou noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A, 18A e 11B). Combatente foi a denominación proposta en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado ou recollido

nalgunhas publicacións (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é combatente ou cavaleiro-combatente (2A, 11B, 1D, 2D e 3D, o primeiro con máis

frecuencia).

● Nomes populares. Non se atoparon nomes populares para esta especie, pero posibelmente

reciba algúns dos apuntados en Tringa totanus.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se atopou ningunha denominación

para esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, todas as denominacións que reciben

aluden ás rechamantes pelexas territoriais dos machos na época nupcial.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa indican que introducen o uso de combatente guiados polo portugués combatente e

o español combatiente, e porque liorteiro non está rexistrado na fala (10B).

narcexa pequena Lymnocryptes minimus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Becacina xorda foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas dúas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e tamén se recolleu ou se empregou noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 4A e 6A). *Becacina pequena foi proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas

129

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!