19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 13A e 14A).

Na segunda e terceira guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunha outra

publicación utilizouse pilriño de Maur (4A, 5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

pilrito-miúdo (1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza extraordinariamente rara na Galiza e non se lle

coñecen nomes populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que podería recibir

esta especie están apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius dubius e Calidris alpina,

que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase Charadrius dubius. O modificador portugués miúdo

fai referencia ao seu tamaño. Non se encontrou unha explicación para o modificador de Maur; talvez

faga referencia ao naturalista que estudou ou describiu a especie.

pilro semipalmado Calidris pusilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro semipalmado foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (12A, 13A,

15A e 16A). Na segunda e terceira guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse o

nome de pilriño semipalmado (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pilritorasteirinho

(1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi moi rara na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que podería recibir esta

especie apúntanse en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius e C. alpina, que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. O modificador semipalmado fai referencia

á pequena membrana que ten entre as dedas. O modificador portugués rasteirinho, de rasteiro, que

se estende ou se arrastra polo chan, pode facer referencia a que é un paxaro moi pequeniño e cando

anda a corricar dá esa impresión, case como se fose un réptil.

pilro minúsculo Calidris minutilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro minúsculo foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A e

14A). Na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López usouse pilriño miúdo (22A).

Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son pilrito-minúsculo e pilrito-anão (14A, 1D e

3D, o segundo dúas veces).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi moi rara na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que podería recibir esta

especie apúntanse en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius e C. alpina, que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Os modificadores minúsculo, miúdo e

anão fan referencia ao seu pequeno tamaño.

pilro de Baird Calidris bairdii

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro de Baird foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A,

13A e 14A). Na segunda e terceira guía de aves X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López utilizouse

pilriño de Baird (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pilrito-de-bico-fino

127

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!