19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pilro común Calidris alpina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pirlo curlibico foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 17A e 18A). Pilro común foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tamén se ten recollido ou empregado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son pilrito-comum e pilrito-de-peito-preto (2A, 1D, 2D e 3D, con máis frecuencia o

segundo).

● Nomes populares. M. A. Conde Teira comenta que, segundo as zonas de Galiza, as especies

de Calidris poden recibir indistintamente os nomes xenéricos de píllara, pírula, pilro, pirlo, píldora e

píldoro (12B). F. Bernis Madrazo rexistrou para o xénero Calidris as denominacións galegas de pilro,

píllara, pinaza e pinaca na provincia da Coruña e píldora na provincia de Lugo; ademais, rexistrou

as voces mazarico e masarico en varias localidades de Lugo e Pontevedra referidas ao xénero

Numenius, mais igualmente a Tringa e Calidris (11B). F. Bernis Madrazo tamén cita a L. Iglesias

(1927), que emprega píllara para se referir a Actitis hypoleucos e aos xéneros Charadrius e Calidris

(11B).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do uso de píllara na nosa literatura,

véxase Charadrius dubius; sobre o emprego de mazarico, véxase Numenius arquata.

● Dicionarios consultados. As voces xenéricas atopadas nos dicionarios consultados e apuntadas

en C. dubius poderían ser tamén aplicadas ao xénero Calidris. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica pirlo, nunha das

acepcións, para se referir a unha ave acuática abundante na Limia. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada pirlo (como galega e non preferente), que

remite a pilro, e pilro (esta como galega e preferente), que define como aves limícolas de pequeno

tamaño.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. O modificador común indica que é unha

das especies máis frecuentes; curlibico, refírese á característica forma do bico; de-peito-preto, á

característica mancha negra que ten en época nupcial, máis exactamente no ventre que no peito.

Mazarico é un nome xenérico para aves pernaltas que andan na auga; para unha posíbel significación,

véxase Numenius arquata.

pilro de Bonaparte Calidris fuscicollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro de Bonaparte foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse en dúas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 13A,

14A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pilrito-de-sobre-branco (1D e 3D) e

pilrito-de-uropígio-branco (2D).

● Nomes populares. É unha especie de aparación moi moi rara na Galiza e non se lle coñecen

nomes populares específicos. Algunhas denominacións populares xenéricas que podería recibir esta

especie están apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius dubius e Calidris alpina,

que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase Charadrius dubius. O modificador "desobre-branco"

fai referencia á característica cor branca do uropixio ou mitra. Non se encontrou unha

explicación para o modificador de Bonaparte, mais probabelmente ha de aludir ao famoso naturalista

do século XIX.

pilro de Maur Calidris mauri

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro de Maur foi o nome proposto en 1999 no traballo

126

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!