19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. O modificador de Temminck fai referencia

ao naturalista holandés Conrad J. Temminck, que estudou a especie; patiamarelo, á cor das patas,

que o distingue doutra especie moi parecida, Calidris minuta.

pilro ferruxento Calidris ferruginea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro cubranco foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse e utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, e 11A). Pilro ferruxento foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son pilrito-ferrugineo e pilrito-de-bico-comprido (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, o segundo

con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. A. Conde Teira comenta que, segundo as zonas de Galiza, as especies

de Calidris poden recibir indistintamente os nomes xenéricos de píllara, pírula, pilro, pirlo, píldora e

píldoro (12B). Outras denominacións xenéricas populares que tamén pode recibir esta especie están

apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en C. dubius e C. alpina, que tamén se

poderían aplicar a esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Os modificadores

ferruxento e ferrugineo aluden a característica cor rubia da plumaxe estival desta ave; cubranco

alude á cor branca do uropixio ou mitra, un dos trazos que identifican a especie; de-bico-comprido,

ao bico longo que ten.

pilro escuro Calidris maritima

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro cincento foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A e 17A; en dúas publicacións, pilro cinsento). Pilro escuro foi proposto

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son pilrito-do-mar, pilrito-escuro e maçarico (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, o segundo

con máis frecuencia).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas populares que tamén podería recibir

esta especie están apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en

Charadrius dubius e Calidris alpina, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada pirlo (como galega e non

preferente), que remite a pilro, e pilro (esta como galega e preferente), que define como aves

limícolas de pequeno tamaño, especificando a denominación de pilro cinsento para Calidris maritima.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Os modificadores cincento e escuro fan

referencia á cor da súa plumaxe; do-mar, ao seu hábitat. Maçarico (en galego normativo, mazarico)

é un nome xenérico para aves pernaltas que andan na auga; para unha posíbel significación, véxase

Numenius arquata.

125

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!