19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

cun galo, ademais ten un curupete que aínda lle dá un pouco máis de parecido (mesmo aparece tamén

nalgúns cualificativos, como cristado e cristo; probabelmente sexa tamén a motivación de cotovía,

que é outra especie moi diferente, Galerida cristata, pero que tamén chama a atención polo curupete, e

de aí que é posíbel que se lle aplique este nome a Vanelus vanellus). Outros modificadores aluden ao

seu hábitat, como da braña, monteiro, mariño ou do mar (aínda que non anda na auga do mar,

pero as crezas populares relaciónana porque a miúdo vense este paxaros á beira das lagoas ou en

zonas húmidas do interior). A súa voz é moi característica, un piuu-vit, coma unha especie de laio,

parece que chora o que se queixa porque a están ferindo, e de aí os nomes choromica, chorica, o

portugués abecuinha ou abecoinha e talvez tamén conicora e coñicora (quizais influido por conicas

ou conainas, persoa que ten medo). A denominación portuguesa abibe, tamén recollida para o galego,

ten a súa orixe no latín avis ibis. Non se encontraron expliacións para os nomes tabuela e zaconela.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Aínda que Vanellus

vanellus é a única avefría da nosa xeografía, o termo común ou europea engádeselle ao nome,

normalmente, nun contexto en que se está a falar tamén doutras especies que teñen este mesmo

nome xenérico (avefría) e que habitan noutras rexións do mundo, para diferenciar Vanellus vanellus

das outras.

Familia Scolopacidae

pilro gordo Calidris canutus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro groso foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

guías de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (1A,

2A, 4A, 5A, 6A, 11A, 17A e 22A). Pilro gordo foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións (10A, 12A,

13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é seixoeira (2A, 10A, 1D e 3D),

ou seixoeira-comum (2D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas populares que tamén podería recibir

esta especie están apuntadas en Calidris alpina.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadrius

dubius, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en

Charadrius dubius e Calidris alpina, que tamén se poderían aplicar a esta especie. No Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada pirlo (como galega e non

preferente), que remite a pilro, e pilro (esta como galega e preferente), que identifica como aves

limícolas de pequeno tamaño, especificando a denominación de pilro groso para Calidris canutus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Os modificadores gordo e groso aluden ao

seu aspecto. A denominación portuguesa seixoeira pode estar referida a que anda nos seixos que hai

nas praias.

pilro tridáctilo Calidris alba

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pilro bulebule foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas

(1A, 2A, 4A, 5A, 6A, 11A, 17A, 18A e 22A). Pilro tridáctilo foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tamén se ten empregado nalgunhas

publicacións (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

pilrito-das-praias e pilrito-sanderlingo (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, con máis frecuencia o primeiro).

● Nomes populares. M. A. Conde Teira comenta que, segundo as zonas de Galiza, as especies

de Calidris poden recibir indistintamente os nomes xenéricos de píllara, pírula, pilro, pirlo, píldora e

píldoro (12B). Outras denominacións xenéricas populares que tamén podería recibir esta especie están

123

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!