19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla píllara

/ píldora / tarambola como nome xenérico estándar para Pluvialis sp., véxase Pluvialis apricaria.

avefría (ou avefría común) Vanellus vanellus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Avefría foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado nas guías

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López, no Atlas de vertebrados de Galicia e noutras publicacións

ornitolóxicas (1A, 4A, 5A, 7A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 22A; nalgunha, avefría

común ou avefría europea). Nunha publicación ornitolóxica empregouse avefría europea (17A).

Noutras publicacións, galo da braña (2A, 6A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses que se recollen son abibe, abibe-comun, abecoinha, abecuinha, galispo e ave-fria

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D, con máis frecuencia abibe-comum).

● Nomes populares. M. Prado Fernández rexistrou para esta especie o nome chorica no galego

de Ferreira de Valadouro (3C). A. Villarino Gómez rexistrou as denominacións de conicora, coñicora e

choromica nas terras da Limia (9A). Tamén na Limia, avefría (o autor do presente traballo). A.

Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez, avefría na comarca de

Verín (23B). M. C. Gil Suárez, augafría no galego de Vilardevós (3C). C. García González rexistrou a

denominación galo marino (en correcto galego, galo mariño) en Compostela para se referir tamén a

esta especie, e R. Seco Fernández o mesmo nome en Santa Comba para se referir a gaivota (3C). G.

Baamonde Traveso rexistrou tabuela e zaconela para Vanellus vanellus en Cedofeita (3C). F.

Fernández Rei rexistrou pito de neve en Cariño tamén para esta especie (3C). C. Pedreira López et al.

rexistraron avefría, galo marino e galo mariño (con e sen gheada) para esta especie no concello de

Ames, na Coruña (9B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan os nomes de ave das neves,

ave do mar, ave do frío, galo cristado, galo da braña, galo monteiro, pega fría, pegueta,

auganeve e pito da neve (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia, recolléronse para esta especie as

denominacións de galo cristado, galo cristo, galo monteiro, galo da braña, galo mariño,

pegueta, pega fría, pito da neve, ave das neves e ave do frío (7A). F. Bernis Madrazo apunta

galo de braña (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada tabuela e a subentrada galo monteiro identificadas coa

denominación castelá ave fría; na entrada cotovía, nunha das acepcións, remite a galo mariño (que

na subentrada galo mariño remite a cotovía), e é posíbel que se estea a referir a esta especie (aínda

que outros autores identifican galo mariño con gaivota, con corvos mariños ou con Fratercula arctica).

O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica coa voz castelá avefría as voces galegas tabuela e galo monteiro (a segunda

na entrada frailecito, nunha subentrada que fai para avefría). O Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, recolle esta especie nas entradas auganeve (nunha das

acepcións) e ave-fria e tabuela para se referir a esta especie; na entrada tabuela inclúe o sinónimo

taborela (que non ten entrada propia); na entrada pega inclúe a subentrada pega-fria, que identifica

tamén con avefria, Vanellus vanellus; na entrada cotovía, nunha das acepcións, remite a galo

mariño (que non ten subentrada nin entrada propias), mais que é posíbel que se estea a referir a esta

especie (outros autores identifican galo mariño con gaivota, con corvos mariños ou con Fratercula

arctica); tamén recolle a voz abibe, como ave pernalta, sen identificar (podería referirse a Vanellus

vanellus). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de avefría, aguaneta, augafría, auganeve, ave das

neves, ave do frío, ave do mar, galo cristado, galo da braña, galo mariño, galo monteiro,

pega fría, pegueta, pito da neve e zaconela como sinónimos para V. vanellus. O Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, recolle esta especie nas entradas zaconela,

augafría, tabuela (como voces galegas mais non preferentes), auganeve e avefría (as dúas últimas

como voces preferentes).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Avefría tense recollido nas nosas letras, xa no ano

1888, na publicación periódica A Fuliada: "... lle pedía por carne de carneiro, de corvo, de morceg'ou

d'avefría ...".

No refraneiro popular galego, faise alusión á avefría: "Cos bandos da avefría, chega tamén a

invernía".

● Etimoloxía / motivación semántica. As denominacións avefría, ave das neves, pito da

neve, pega-fria e similares están motivadas por ser esta ave unha especie que chega a Galiza sobre

todo no inverno (popularmente dise que con ela veñen as neves ou vén o frío). O motivo da

denominación pega é a súa plumaxe branca e negra, que lembra a dunha pega, pero non ten nada a

ver con esoutra especie. Os nomes que inclúen galo ou pito aluden ao seu parecido cunha galiña ou

122

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!