19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

apricaria.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadius

dubius e P. apricaria, que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo e similares, véxase Charadrius dubius. Sobre tarambola, véxase P. apricaria. O

modificador dourada alude á cor da súa plumaxe; pequena fai referencia ao seu tamaño,

contrapóndoo ao de P. apricaria, que é un chisco máis grande; americana indica cál é a súa área de

distribución. Batuíra é un termo xenérico empregado no Brasil para designaren algunhas especies de

aves limícolas e "-açu" significa grande; non se lle encontrou unha significación, non sendo que estea

relacionado con outra das acepcións de batuíra: arisco, desconfiado, indomesticábel.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla píllara

/ píldora / tarambola como nome xenérico estándar para Pluvialis sp., véxase Pluvialis apricaria.

tarambola dourada siberiana Pluvialis fulva

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píldora dourada siberiana foi a denominación

proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B). Nalgunhas publicacións ornitolóxicas

recolleuse píldora dourada do Pacífico (10A e 14A). Na terceira guía de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López utilizouse píllara dourada siberiana (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é tarambola-dourada-siberiana (14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Pluvialis fulva é unha especie extremadamente accidental na Galiza e non

se lle coñecen denominacións populares galegas, agás as xenéricas indicadas en Pluvialis apricaria.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Charadius

dubius e P. apricaria, que tamén se poderían aplicar a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo e similares, véxase C. dubius. Sobre tarambola, véxase P. apricaria. O

modificador dourada alude á súa plumaxe; do Pacífico e siberiana indican a súa área de

distribución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla píllara

/ píldora / tarambola como nome xenérico estándar para Pluvialis sp., véxase Pluvialis apricaria.

tarambola cincenta Pluvialis squatarola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píldora cincenta foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse ou

recolleuse na primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e noutras moitas

publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 10A, 6A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B). Na segunda e

terceira guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e nalgunha outra publicación

ornitolóxica utilizouse píllara cincenta; noutras publicacións, píllara cinsenta (4A, 5A, 17A, 18A e

22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é tarambola-cinzenta (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e

3D).

● Nomes populares. M. A. Conde Teira comenta que segundo as zonas da Galiza empréganse

indistintamente os nomes xenéricos de píllara, pírula, pilro, pirlo, píldora e píldoro (12B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as entradas xa apuntadas en Pluvialis apricaria. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada

tarambola, que nunha das acepcións identifica con Pluvialis squatarola e a denominación pildra (que

non ten entrada propia). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle píllara cinsenta e tarambola cinsenta como

sinónimos inespecíficos para P. squatarola. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada xenérica píllara (como galega e preferente), onde especifica a

subentrada píllara cinsenta para P. squatarola; e tamén tarambola (como galega mais non

preferente), que remite a píllara.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O escritor Eduardo Pondal empregou o nome de

píllara no século XIX, para se referir a estes paxaros. Sobre este e outros autores e o uso de píllara,

véxase Charadrius dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo e similares, véxase C. dubius. Sobre tarambola, véxase Pluvialis

apricaria. O modificador cincenta alude á cor da súa plumaxe.

121

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!