19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

cun aspecto que pode lembrar a forma repoluda do corpo e mesmo a cor da plumaxe destas aves. De

feito, unha das especies, Charadrius morinellus, recibe en portugués o nome de tarambolacarambola,

e H. Costa et al. explican que son termos sinónimos e a denominación afigúraselles

redundante (1D). Posibelmente *chorolito e outros nomes similares sexan castelanismos, a partir de

chorlito, que ten orixe onomatopeica. O modificador dourada alude á cor da súa plumaxe; grande fai

referencia ao seu tamaño, contrapóndoo ao doutras píldoras douradas accidentais na nosa xeografía,

que son un chisco máis pequenas; común indica que é a máis habitual das píldoras douradas;

europea caracterízaa pola súa área de distribución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. No tocante á escolla

do seu nome xenérico estándar, en C. dubius xa se comentou a distinción convencional entre píldora e

píllara estabelecida por X. M. Penas e C. Pedreira (1A), desestimada porén polos mesmos autores

noutras publicacións posteriores (5A e 22A), onde empregan píllara tanto para o xénero Charadrius

como para o xénero Pluvialis.

No entanto, M. A. Conde (12B) considerou interesante e rendíbel o uso de píllara e píldora

para agruparmos de maneira xenérica os nomes comúns específicos dos xéneros Charadrius e Pluvialis.

Na nosa opinión, non resulta tan rendíbel ao se trataren de dous nomes moi semellantes que

designarían especies tamén relativamente semellantes, de modo que temos que facer un pequeno

esforzo para lembrarmos cales son as píllaras é cales son as píldoras. Se os nomes fosen moi

diferentes, entón si que sería máis doado asociar un nome a un grupo e outro nome ao outro. De feito,

na fala do pobo son equivalentes, trócanse indistintamente.

Alén do dito, a denominación píldora xorde na fala como variación de píllara, nun proceso que

se designa como “etimoloxía popular”. Do mesmo modo, por exemplo, o nome galego das plantas

chamadas “gladíolo” experimenta variacións na fala popular e recibe tamén o nome de “gladiólogo”, e a

partir de aí, por cruzamento fonético, o nome de “radiólogo”, que se parece foneticamente ao anterior

mais que non ten ningunha relación semántica coas especies botánicas. Porén, hai falantes que o usan

así sen ningún reparo: Que bonitos están os radiólogos, facendo referencia aos gladíolos e sen

ningunha connotación cómica, isto é, asumindo que ese é o nome (radiólogo) desas plantas. Algo

similar acontece con píllara e píldora: ben facilmente píldora pode ser unha derivación ou evolución

popular de píllara, por paronomasia, é dicir, a semellanza fonética a outra palabra semanticamente

non relacionada con ela (o nome da presentación dun medicamento en castelán). Sen termos prexuízos

contra as derivas que explican as etimoloxías populares, píldora é un castelanismo (a denominación

castelá píldora, referida ao medicamento, en correcto galego é pílula). Un proceso similar

probabelmente ocorreu tamén a respecto de estorniño e a variante popular estornillo, en relación

coa semellanza de torniño coa palabra castelá tornillo (véxase Sturnus unicolor).

Non nos parece, por tanto, por uns motivos e por outros, que se deba usar píldora Charadrius

como para Pluvialis e píllara para as especies pequenas do xénero Charadrius no ámbito da ornitoloxía

especializada habendo outras opcións. Unha pode ser mantermos píllara tanto para todos os

Charadrius como para os Pluvialis; outra, empregarmos píllara para Charadrius en xeral e tarambola

para Pluvialis e Charadrius (Eudromias) morinellus, paralelamente ao portugués e como tamén se

recolle nos dicionarios galegos.

Na nosa opinión, sería preferíbel a segunda opción: tanto para o xénero Pluvialis e tamén para

a especie Charadrius morinellus, o nome xenérico tarambola, moi presente na tradición lexicográfica

galega, antes que píllara ou píldora. O nome xenérico tarambola diferenciaría de modo moito máis

eficaz as aves de tamaño relativamente grande (as do xénero Pluvialis e Charadrius morinellus) das

especies de tamaño máis pequeno do xénero Charadrius (píllaras). Para alén diso, tarambola é

mnemotecticamente eficaz (polo aspecto máis gordocho das especies do xénero Pluvialis e de

Charadrius morinellus; véxase etimoloxía e motivación semántica) e queda deste modo tamén

harmonizado co portugués.

Canto ao termo común, engádeselle ao nome, normalmente, cando se está a falar nun

contexto determinado doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico (tarambola dourada ou

píllara dourada), para diferenciarmos Pluvialis apricaria das outras.

tarambola dourada americana Pluvialis dominica

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píldora dourada americana foi o nome proposto en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado e recollido nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na segunda guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López utilizouse píllara dourada pequena (5A); na terceira, píllara dourada americana (22A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son batuiruçu e tarambola-dourada-pequena (2A,

1D e 2D).

● Nomes populares. Pluvialis dominica é unha especie moi rara na Galiza e case igual a Pluvialis

apricaria; non se lle coñecen denominacións populares galegas, agás as xenéricas indicadas en P.

120

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!