19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

tarambola rubia Charadrius morinellus (=Eudromias morinellus)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeran píldora rubia (10B); utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas de ámbito galego e

estatal (8A, 10A e 14A). Píllara rubia foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira

(12B); tense empregado nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e

nalgunha outra publicación ornitolóxica galega (13A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son borrelho-ruivo (2D e 3D), tarambola-ruiva e tarambola-carambola (2A e 1D).

● Nomes populares. É unha especie bastante rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo as xenéricas indicadas en Charadrius dubius e Charadrius hiaticula.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en C. dubius e

Pluvialis apricaria, que tamén poderían ser aplicadas a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Non se atopou unha explicación semántica

clara para denominación xenérica borrelho (véxase C. dubius). Tampouco se atopou unha explicación

para a denominación xenérica tarambola, non sendo o froito do caramboleiro, a carambola, que é

amarela e arredondada, e que pode lembrar a forma repoluda do corpo e mais a cor da plumaxe destas

aves; ademais esta especie, Charadrius morinellus, recibe en portugués o nome de tarambolacarambola,

e H. Costa et al. explican que son termos sinónimos e a denominación afigúraselles

redundante (1D). O modificador rubia alude á cor da plumaxe, sobre todo nas partes peitorais e

ventrais.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. No tocante á escolla

do seu nome xenérico estándar, píllara / píldora / tarambola, véxase esta mesma alínea en P.

apricaria.

tarambola dourada (ou tarambola dourada común) Pluvialis apricaria

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píldora dourada foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado ou recollido na primeira guía de aves X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e noutras

publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 11B; nalgunha, píldora dourada

común). Na segunda guía de aves de Penas Patiño e Pedreira López e nalgunha outra publicación

utilizouse píllara dourada grande (5A, 6A e 11A); na terceira guía de Penas e Pedreira, píllara

dourada europea (22A). Nunha publicación empregouse só píllara dourada (17A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é tarambola-dourada (2A, 10A, 1D e 3D), coa posibilidade tamén de

usar tarambola-dourada-comum (2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Pluvialis apricaria as denominacións de

*chorolito e *churulito nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). M. A. Conde Teira

comenta que segundo as zonas da Galiza empréganse indistintamente os nomes xenéricos de píllara,

pírula, pilro, pirlo, píldora e píldoro (12B). F. Bernis Madrazo apunta tamén o nome xenérico de

pilro para Pluvialis e Charadrius (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada *cholrito identificada coz voz castelá chorlito; a entrada

zarrapico, con chorlito e zarapito; e a entrada mazarico, tamén, con zarapito e chorlito. No

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, aparece a voz castelá chorlito identificada coas voces galegas *cholrito, zarrapico,

mazarico, tarambola e píllara. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada tarambola, que nunha das acepcións identifica

especificamente con Pluvialis squatarola e coa denominación pildra (que non ten entrada propia). O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle píllara dourada e tarambola dourada como sinónimos específicos para

Pluvialis apricaria. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a

entrada xenérica píllara (como galega e preferente), onde se especifica a subentrada píllara dourada

para P. apricaria; e tamén tarambola (como propiamente galega, mais non preferente), que remite a

píllara.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo e similares, véxase C. dubius. Probabelmente a denominación

xenérica tarambola está relacionada co froito dunha árbore tropical que se atopa nos xardíns, a

caramboleira ou caramboleiro (Averrhoa carambola); o seu froito, a carambola, é amarelo e redondo

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!