19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

explicación clara para borrelho (véxase C. Dubius). Sobre tarambola, véxase Pluvialis apricaria. O

modificador das dunas alude ao seu hábitat; papuda e de-coleira-interrompida fan referencia

probabelmente os dous á plumaxe negra que ten no pescozo, que parece, como di en portugués, unha

coleira, pero que a esta especie lle falta pola parte de diante, por iso se engade interrompida.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase a respecto de

píllara/píldora, esta mesma alínea en C. dubius e P. apricaria.

píllara rabirrubia Charadrius vociferus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píllara rabirrubia foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tanse empregado nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López e nalgunhas publicacións ornitolóxicas (5A, 13A, 15A e 22A). Noutras publicacións

utilizouse píldora rabirrubia (10A, 12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

borrelho-de-coleira-dupla (1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo as xenéricas indicadas en Charadrius dubius e Charadrius hiaticula.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Non se atopou unha explicación clara para

borrelho (véxase C. dubius). O modificador rabirrubia alude á rechamante plumaxe do rabo; decoleira-dupla

fai referencia á plumaxe negra que ten no pescozo, que parece, como di en portugués,

unha coleira, pero que nesta especie ademais son dúas, que van paralelas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase a respecto de

píllara/píldora, esta mesma alínea en C. dubius e P. apricaria.

píllara semipalmada Charadrius semipalmatus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píllara semipalmada foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A) e nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Nunha publicación, utilizouse

píldora semipalmada (12A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é batuíra-de-bando

(14A, 1D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie accidental na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo as xenéricas indicadas en Charadrius dubius e Charadrius hiaticula.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. O modificador

semipalmada alude á membrana que ten entre as dedas, que a distingue doutras especies; de-bando

fai referencia, probabelmente, ás agrupacións desta ave. Batuíra é un termo xenérico empregado no

Brasil para designaren algunhas especies de aves limícolas, mais non se lle encontrou unha

significación, non sendo que estea relacionado con outra das súas acepcións, a de arisco, desconfiado,

indomesticábel.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. No tocante á escolla

do seu nome xenérico estándar, véxase C. dubius.

píllara de Leschenault Charadrius leschenaulti

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non se teñen empregado até o momento, xa que é

unha ave de presenza extremamente esporádica na Galiza, recentemente rexistrada de certo por

primeira vez.

● Nomes populares. Os comentarios poden ser os mesmos no referente aos nomes xenéricos

indicados para Charadrius dubius.

● Dicionarios consultados. Inclúen as denominacións xenéricas apuntadas en C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de píllara, véxase C.

dubius. O modificador de Leschenault alude ao Jean-Baptiste Leschenault de La Tour, botánico e

ornitólogo francés do século XVIII que describiu esta especie.

118

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!