19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

píllara real Charadrius hiaticula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píllara real foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense utilizado en todas as guías de aves de Penas Patiño

e Pedreira López (1A, 5A e 22A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A, 13A, 15A, 16A,

17A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran o nome de píldora de colar

(10B); empregouse nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é borrelho-grande-de-coleira (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou a denominación de arieiro para Charadrius

hiaticula nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). Algúns nomes xenéricos populares

tamén aplicábeis a esta especie están indicados en Charadrius dubius.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as entradas apuntadas en C. dubius. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada xenérica píllara,

que define, especificando a denominación de píllara real para C. hiaticula. O Diccionario de sinónimos

da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle os

sinónimos inespecíficos indicados en C. dubius. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada xenérica píllara (como galega e preferente), onde especifica a

subentrada píllara real para C. hiaticula; e tamén tarambola (como galega e non preferente), que

remite a píllara.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a probábel orixe onomatopeica das denominacións

xenéricas píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Non se atopou unha explicación

clara para borrelho (véxase C. dubius). Sobre tarambola, véxase Pluvialis apricaria. O nome arieiro

alude ao seu hábitat; o modificador grande, ao seu tamaño; de-coleira fai referencia á plumaxe negra

que ten no pescozo, que parece, como di, unha coleira; real é un cualificativo engadido ao nome

xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, que no caso desta ave limícola pode ter

relación cunha certa vistosidade nas súas cores ou co seu tamaño, maior que o doutras píllaras.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase a respecto de

píllara/píldora, esta mesma alínea en C. dubius e P. apricaria.

píllara das dunas Charadrius alexandrinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píllara papuda foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tamén se

recolleu ou se utilizou noutras publicacións (2A, 4A, 6A, 11A, 17A e 18A). Píllara das dunas foi a

denominación proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado nalgunhas

publicacións (13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B) propuxeron o

nome de píldora das dunas, que tamén se utilizou noutras publicacións (8A, 10A, 12A e 14A). Na

bibliografía ornitolóxica, recibe os nomes portugueses de borrelho-das-dunas e borrelho-decoleira-interrompida

(2A, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o segundo).

● Nomes populares. Algúns nomes xenéricos populares tamén aplicábeis a esta especie están

indicados en Charadrius dubius e Charadrius hiaticula.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as entradas xenéricas apuntadas en Charadius dubius.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a

entrada xenérica píllara, que define, especificando a denominación de píllara papuda para Charadrius

alexandrinus. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle píllara papuda e píllara das dunas como sinónimos específicos

para C. alexandrinus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúe a

entrada xenérica píllara (como galega e preferente), onde especifica as subentradas píllara papuda e

píllara das dunas para C. alexandrinus; e tamén tarambola (como galega, mais non preferente), que

remite a píllara.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. dubius.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da probábel orixe onomatopeica das

denominacións píllara, pilro, pirlo, píldora e similares, véxase C. dubius. Non se atopou unha

117

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!