19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Familia Charadriidae

píllara pequena Charadrius dubius

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Píllara careta foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

ou recolleuse na primeira guía de aves destes autores e noutras publicacións (1A, 2A, 4A e 18A). Nas

outras guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e nalgunhas publicacións tense empregado o nome píllara areeira (6A, 11A e 17A). Píllara

pequena foi a denominación proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa propuxeron píldora pequena (10B); esta denominación tamén se utilizou nalgunhas

publicacións (10A, 12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é borrelho-pequenode-coleira

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Charadrius dubius as denominacións

populares de arieiro e oriento nas terras da desaparecida lagoa de Antela, en Ourense (9A). M. A.

Conde Teira comenta que segundo as zonas da Galiza empréganse indistintamente os nomes xenéricos

de píllara, pírula, pilro, pirlo, píldora e píldoro (12B). F. Bernis Madrazo apunta tamén o nome

xenérico de pilro para Pluvialis e Charadrius, e cita ademais a L. Iglesias (1927), que emprega píllara

para se referir a Actitis hypoleucos e aos xéneros Charadrius e Calidris (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas xenéricas: píllara, que identifica como ave acuática e mariña;

píldora, que remite a pílora; e pílora, que define como especie de gaivota pequena co bico logo e

estreito e identifica co sinónimo píldora. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo

Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, na entrada castelá gaviota, aparecen as voces

galegas píllara e pílora identificadas con aves do mesmo xénero que a gaivota pero máis pequenas. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada

xenérica píllara, que define, especificando a denominación de píllara careta para Charadrius dubius.

O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle bilurico, píllara e píldora como sinónimos inespecíficos para Charadrius e

Pluvialis. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

xenérica píllara (como galega e preferente), onde especifica a subentrada píllara careta para C.

dubius; e tamén tarambola (como galega, mais non preferente), que remite a píllara.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á semántica, as denominacións píllara, pilro,

pirlo, píldora e similares teñen probabelmente orixe onomatopeica, baseándose nos breves chirlos que

emiten acotío estes paxaros: pii-u, pirr, plit, chirr, sirrrr, chirr-ip, triir etc. Sobre tarambola, véxase

Pluvialis apricaria. Non se atopou tampouco unha explicación clara para a denominación xenérica

portuguesa borrelho, a non ser talvez en relación con “borralha” ou “borralho”, cinzas quentes, que se

lle poida aplicar á tonalidade da plumaxe, ou con “borra”, tecido groso de la. O cualificativo areeira

alude ao seu hábitat; pequena, ao seu tamaño; careta, á plumaxe negra que ten arredor dos ollos, a

modo de anteface. O modificador portugués de-coleira fai referencia á plumaxe negra que ten no

pescozo, que parece, como di, unha coleira.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz xenérica píllara tense empregado na nosa

literatura. O escritor Eduardo Pondal, por exemplo, con frecuencia usa píllara en Queixumes dos Pinos

(1886), mesmo facendo referencia aos seus hábitos migratorios e aos movementos e voces dos

bandos: "... e aquela que, emigrante, / deixa o nativo clan, / como soen as píllaras / do noso litoral, /

garridas vagamundas, / cando en bandas van / rasando as ledas praias / con presuroso afán / en

tecidas compañas sonorosas / virándose ó voar ... ". Tamén J. V. Viqueira en Ensaios e poesías (1930):

"... cal a píllara busca na ribeira o achego do seu niño...". Emilio Pita, en Jacobusland (1942): "... nos

beizos a voar a píllara lelía polo ronsel da mar...". Ou Silverio Cerradelo, n' Os paxaros tamén migran

ao sur (2007): "Xa logo os carráns, as píllaras e as gaivotas han de empezar a criar na península...".

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López estabeleceron unha distinción convencional entre píldora, para o xénero Pluvialis, de

maior tamaño, e píllara, para o xénero Charadrius, de menor tamaño (1A). M. A. Conde Teira tamén

optou por manter esta diferenciación (12B). Posteriormente, porén, M. Penas e C. Pedreira empregaron

a denominación xenérica píllara tanto para Charadrius como para Pluvialis (22A). Véxase ao respecto,

tamén, P. apricaria.

116

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!