19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

dos seres míticos galegos (1999): "... a pega negra, o butre, a avefría ou o pernileiro (que canta

¡Morrer! ¡Morrer!) ... ".

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas, no Diccionario Crítico Etimológico de la

Lengua Castellana, explica que alcaraván vén do árabe karawân. O nome pirluis é onomatopeico (fai

referencia á voz que emite a ave) e as denominacións bulir e curreboi probabelmente fan referencia á

maneira de camiñar tan rápida que ten. Pernileiro e similares teñen relación con pernil, perna dunha

ave, quizais porque as pernas deste paxaro chaman a atención, por seren altas ou de cor amarela ou

polos seus movementos, corre que corre. Non se encontrou unha explicación clara para os termos

relacionados con durmir; talvez por causa dos seus hábitos crepusculares ou nocturnos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde explica

que alcaraovam xa era unha voz presente no galego-portugués do século XIII (12B).

Familia Glareolidae

perdiz do mar Glareola pratincola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Anduriña do mar foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). O mesmo nome con "o", andoriña do mar,

empregouse en dúas guías de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación (5A, 18A e

22A). Perdiz do mar propuxérono en 1991 e 1999 M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e

12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (4A, 8A, 10A e 12A). Noutras

publicacións utilizouse perdiz de mar ou perdiz de mar común (13A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é perdiz-do-mar (2A, 10A, 1D e 3D), coa posibilidade de empregar

tamén perdiz-do-mar-comum (2D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares.

● Dicionarios consultados. Non se atopou ningunha denominación para esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. O motivo da denominación andoriña é a forma das ás e

do rabo deste paxaro, que lle dan unha silueta e un xeito parecidos aos das andoriñas, aínda sendo ben

máis grande ca elas. F. Bernis Madrazo explica que perdiz é por causa da forma da cabeza que ten,

cun bico e un colar na papada semellantes aos da perdiz (11B).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que andoriña de mar se emprega propiamente para especies mariñas da Galiza (rexistrouno

Alvar en Malpica, A Coruña, e Ríos Panisse en Bueu, Pontevedra), mais non para Glareola pratincola,

que unha ave sureña e accidental na nosa terra (12B). O termo común engádese ao nome,

normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico, aínda

que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

corredeira Cursorius cursor

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Corredeira foi o nome proposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (12B). Noutra publicación utilizouse corredor sahariano (22A, unha das guías de C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é corredeira (2D

e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza rara ou accidental na Galiza, e non se teñen

rexistrado denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Non se atoparon nomes para esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Tanto corredeira como corredor fan referencia ao seu

xeito de andar. O modificador sahariano alude á súa área orixinaria de distribución.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Téndomos en conta o

grave proceso de asimilación que a lingua galega está a sofrer por causa da omnipresenza do español,

e seguindo as recomendacións da propia Real Academia Galega, que aconsella tomar o portugués como

referente cando non houber en galego nome de seu para unha realidade, ao noso ver, é máis acaída

para o galego a denominación corredeira, proposta por M. A. Conde, coincidente coa portuguesa, do

que é corredeor sahariano, empregada C. Pedreira e X. M. Penas, tirada do español. Para alén diso, o

criterio de converxencia co portugués parece ser tamén importante para o colectivo ornitolóxico galego.

115

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!