19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

avoceta Recurvirostra avosetta

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Avoceta foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén por M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa en 1991 e 1999 (10B e 12B). Tense empregado ou recollido –

avoceta ou avoceta común– nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e

22A) e noutras moitas publicacións (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A, 18A e

11B). Na bibliografía ornitolóxica o nome portugués é alfaiate (2A, 10A, 11B, 1D e 3D), coa

posibilidade de usar tamén alfaiate-comum (2D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares.

● Dicionarios consultados. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle avocela e avoceta como sinónimos para R.

avosetta. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

avoceta, que define e identifica con Recurvirostra avosetta.

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación avoceta, que tamén existe en castelán,

vén do italiano avocetta, que por súa vez vén do latín avosetta, segundo indican varios dicionarios

castelás. O nome portugués alfaiate significa o mesmo que en galego, xastre, e recibe este nome pola

forma do seu bico, que dá a impresión de ser unha agulla de coser (en catalán tamén hai unha

denominación local deste paxaro que fai referencia a coser, cosi-sacs, pola semellanza do seu bico

cunha agulla de coser sacos).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O termo común

engádeselle ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies de avoceta, aínda

que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciar R. avosetta claramente das outras.

Familia Burhinidae

alcaraván Burhinus oedicnemus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Alcaraván foi proposto por C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén por M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa en 1991 e 1999 (10B e 12B); utilizouse na primeira guía de aves e

X. M. Penas e C. Pedreira e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e

18A). Nas outras guías de aves de Penas e Pedreira (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e noutras publicacións, empregouse ou recolleuse o nome de pernileiro ou pernilerio común (2A, 4A,

6A, 11A, 17A e 11B). En Portugal recibe a denominación de alcaravão (2A, 10A, 11B, 1D e 3D), coa

posibilidade de usar tamén alcaravão-comum (2D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez recolleu para Burhinus oedicnemus as denominacións

populares de durmir, bulir, burileiro e curreboi nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia

(9A). Pernileiro é unha voz recollida por J. A. de Souza en Sarreaus, Ourense (12B). A. Reboreda, C.

Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen para esta especie ornabico, na

comarca de Verín (23B). F. Bernis Madrazo recolleu a nome dormilero (en correcto galego, dormileiro

ou durmileiro) na provincia de Lugo (11B). No Atlas de vertebrados de Galicia, tamén se recollen as

denominacións de arnabico, pirluis e alcaraván (7A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz castelá alcaraván identificada coa galega algaraván. No Diccionario de

usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal,

aparece a voz castelá alcaraván identificada coa galega algaraván. No Dicionário da língua galega de I.

Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada pernilleiro, como ave sen

identificar, e alcaraván, como esta especie. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia,

X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle alcaraván, carroi, corribois e

pernileiro como sinónimos para B. oedicnemus. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, aparece a entrada alcaraván, definida e identificada con Burhinus oedicnemus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Bieito Iglesias e Manuel Vázquez empregan

alcaraván na tradución para o galego d' O can do Baskerville, de A. Conan Doyle (1996): "¿Ten oído o

berro do alcaraván? Nunca." X. R. Cuba, A. Reigosa e X. Miranda recollen pernileiro no Diccionario

114

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!