19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Blanco, aparece a entrada sisón, que define como "ave pernalta pardecenta con raias negras e o

ventre branco. Abetarda pequena" e identifica especificamente con Otis tetrax (é o mesmo que Tetrax

tetrax). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

sisón (como galega e preferente), que define e identifica especificamente con Otis tetrax (é o mesmo

que Tetrax tetrax).

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas e J. A. Pascual, no Diccionario Crítico

Etimológico Castellano e Hispánico, explican que probabelmente o nome castelán sisón e portugués

sisão veñan do catalán sisó, que era o nome dunha moeda, que era o que se pagaba polo paxaro

morto, documentada xa no ano 1335. Non obstante, os mesmos autores achan un problema para esta

explicación, pois xa hai documentacións anteriores en Portugal, referidas a esta ave como cison en

1253. Na nosa opinión, sisón, suseiro e similares poden ter relación co ruído que meten estes paxaros

sempre que voan, unha especie de murmurio xordo pero moi potente, coma un continuo si-su, si-su,

si-su... que fan ao bateren as ás e que chama moito a atención a quen o escoita. Así, talvez foi ao

contrario e o nome da moeda derivou do nome do paxaro. As denominacións dos nabos e de nicheira

fan referencia ao seu hábitat, leiras e campos (nicheira é probabelmente unha denominación

equivalente a nichela, Vicia sativa, a planta que abunda entre os cereais); pato, aínda que non é propio

para este paxaro, indica algún parecido, polo menos aos ollos populares.

avetarda Otis tarda

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Avetarda foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); tamén foi a

denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B

e 12B); utilizouse ademais na segunda guía de aves de Penas Patiño e Pedreira López (5A) e recolleuse

ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 18A e 11B). Na

terceira guía de aves de Penas Patiño e Pedreira López (22A) usouse avetarda eurasiática. Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é abetarda (2A, 10A, 11B, 1D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Otis tarda a denominación de avetarda

como popular, viva na fala, nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz galega avetarda identificada coa voz castelá avutarda. O Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá

a voz galega avetarda para a castelá avutarda. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada abetarda, definida e identificada especificamente

con Otis tarda. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece o

vocábulo avetarda, que define e identifica especificamente con Otis tarda.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz avetarda n' O

idioma dos animás (1937), unha obra que se publicou na Habana: "... a anta, a avetarda, o ánser i a

garzota..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas, no Diccionario Crítico Etimológico de la

Lengua Castellana, explica que a denominación castelá avutarda deriva do hispanolatino avis tarda. O

modificador eurasiática alude á súa área de distribución; grande, ao seu tamaño en comparación con

outras especies.

Familia Haematopodidae

lampareiro Haematopus ostralegus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gavita foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B; nas dúas últimas, "gabita");

utilizouse ou recolleuse nas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (na última, gabita

eurasiática), no Atlas de vertebrados de Galicia e noutras moitas publicacións ornitolóxicas (1A, 2A,

4A, 5A, 7A, 8A, 10A, 18A, 6A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A, 22A e 11B; en sete delas escrito

con "v" e no resto con "b", gabita). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é ostraceiro (2A,

10A, 11B, 1D e 3D), coa posibilidade de usar tamén ostraceiro-comum (2D).

● Nomes populares. C. D. Romai Cousido (comunicación persoal) recolleu de maneira específica

para Haematopus ostralegus o nome lampareiro (e outros similares) na Mariña Luguesa e na zona do

112

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!