19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Gruidae

grou (ou grou común) Grus grus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Grula foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse nalgunha

publicación sobre ornitoloxía (2A e 18A). Grou foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López e recolleuse ou empregouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (5A,

10A, 13A, 14A, 17A e 22A; nalgunha, grou común). En Portugal tamén recibe o nome de grou (2A,

10A e 1D), coa posibilidade de usar igualmente grou-comum (2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Grus grus a denominación popular de

grúa (o nome da femia desta especie) nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). M. C.

Gil Suárez rexistrou *grula en Vilardevós para se referir a esta especie (3C). No acervo lingüístico

galego tamén existen os verbos “agruar” e “gruar”, co significado de bradar, berrar, e o substantivo

“agrúo”, co significado de brado, berro, relacionados na súa etimoloxía coa voz que emite Grus grus (e

de feito poden empregarse para falarmos da ave, non só das persoas).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as voces grua e *grula identificadas coa voz castelá grulla. O Diccionario de

usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá

para a voz castelá grulla as galegas grou e *grula. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece grou, que define e identifica co xénero Grus, e grua, que

define como femia do grou. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores,

aparece a entrada grou (como galega e preferente) para se referir a esta especie, indicando que o

feminino é grúa, e grúa (como galega e preferente) para se referir tamén a Grus grus, indicando que o

masculino é grou; rexeita as voces *grula e *grulla, que remiten a grúa.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os nomes grou e grúa teñen unha clara orixe

onomatopeica, pois reflicten o son trompeteiro característico que emite esta ave.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde e T. A.

Vidal comentan que os nomes *grula e *grulla son castelanismos (10B). O termo común engádese ao

nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico

e que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciar Grus grus das outras nese contexto.

M. E. Vázquez Santamaría rexistrou a voz cabra louca na Gudiña e M. C. Gil Suárez en

Vilardevós, que foron identificadas con Grus grus no traballo de C. García González (3C), mais é ben

posíbel que se trate dun erro, pois cabra louca é unha denominación que con moita frecuencia designa

outra especie: Gallinago gallinago.

Familia Otididae

sisón Tetrax tetrax

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Sisón foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); tamén foi a

denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B

e 12B); tense utilizado nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López, no Atlas de

vertebrados de Galicia e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (5A, 6A, 7A,

8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 22A; nalgunha, sisón común). Nalgunha publicación

empregouse o nome de suseiro (2A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é sisão

(2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. No tocante a outras denominacións populares galegas, A. Villarino Gómez

rexistrou para Tetrax tetrax sisó, pato dos nabos e pato de nicheira nas terras da desaparecida

lagoa de Antela, na Limia (9A). Nestas terras tamén se lle chama paxaro dos nabos (recollido polo

autor). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen para esta

especie pita brava na comarca de Verín (23B). F. Bernis Madrazo rexistrou o nome de sisa na

provincia de Lugo (11B). No Atlas de vertebrados de Galicia, recóllese tamén suseiro (7A).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, recolle as voces galegas sisón e sixón. O Diccionario de usos castelán-galego de X.

M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá sisón as

galegas sisón e sixón. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

111

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!