19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

denominación tamén galega de galiña de auga; e a entrada galiñota, que remite a galiñola. O

Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, identifica as voces galegas galiñota e galiñola coa voz castelá gallineta. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae a entrada galiñota, que

define e identifica con Gallinula chloropus e cos sinónimos galiña-de-rio, galiña d’agua, pita ou pola

de rio; a entrada xenérica galiñola, que nunha das acepcións identifica con galiña d’agua ou

galiñota (e tamén, noutra, coas especies do xénero Porzana e noutra acepción con Botaurus stellaris);

pita-de-água, que define e identifica como Gallinula chloropus; galiña, que inclúe as subentradas

galiña de água e galiña do rio, ambas as dúas identificadas con galiñola, Gallinula chloropus; na

entrada pola inclúe a subentrada pola de água, que define como ave acuática. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle carloi, cunícora, galiña de río, galiñeira, galiñola, piadeira, pita da auga, pita do río,

pola da auga e pola do río como sinónimos para G. chlorupus. O Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, achega as entradas galiñola (como galega e preferente), que define

e identifica como Gallinula chloropus e galiñota (como propiamente galega, mais non preferente), que

remite a galiñola; na entrada pita (galega e preferente) inclúe a subentrada pita da agua (que define

de maneira errónea como parrulo); na entrada galiña inclúe as subentradas galiña de auga, para se

referir a esta especie, e galiña de río (hai un erro en galiña de río, que identifica con pita do monte; é

imposíbel, non ten nada a ver unha especie coa outra, e galiña de río emprégase sempre para Gallinula

chloropus); rexeita a entrada galiñoa, que remite a galiñola.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes xenéricos galo, pita, galiña,

galiñola e similares indican a súa semellanza física cunha galiña ou unha pola. O modificador de crista

vermella fai referencia a unha característica física rechamante, o escudo vermello que ten na fronte;

brava indica a súa condición silvestre; piadeira está relacionado con piar; d’auga, do río ou de río e

mariña (aínda que non anda no mar) aluden ao seu hábitat acuático.

camón Porphyrio porphyrio

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Piadeira real foi o nome inicialmente proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A e 18A). Camón é a denominación proposta nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado na terceira guía de

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A, como camón común) e noutras publicacións ornitolóxicas

(8A, 10A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica o nome portugués é camão (2A e 1D), coa

posibilidade de usar tamén camão-comum (2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada *calamón para se referir de forma xenérica a Porphyrio. No

resto de dicionarios consultados atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas para Gallinula

chloropus.

Uso dos seus nomes na literatura portuguesa. H. Costa et al. recollen unhas trobas que no

século XVI escribiu Luís de Camôes, onde menciona esta ave, e ademais indican que o camão está

presente no brasón dos ascendentes galegos de Luís de Camões e que hai quen defende que o nome da

familia ten orixe no nome da ave (camões, en portugués, é o pural de camão). Os versos son os

seguintes: " D’ave que chamâo Camão, / Que se da casa onde mora / Vê adultera a senhora / morre

de pura paixâo... " (1D).

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á semántica, H. Costa et al. explican que a

denominación portuguesa camão (que se adoptou e adaptou en galego, camón) talvez teña orixe

árabe, abu qalamun (2D), como tamén indica F. Bernis. J. Corominas, no Diccionario Crítico Etimológico

de la Lengua Castellana, tamén dá a mesma explicación para calamón, que é o nome que recibe a ave

en castelán; o nome árabe abu qalamun era o dun pano de cores brillantes, e déronllo a ave por mor

da súa espléndida plumaxe. Calamón probabelmente é un catelanismo; piadeira está relacionado con

piar; real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como

especies, e no caso de P. porphyrio seguramente ten relación coa beleza ou vistosidade da súa

plumaxe.

110

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!