19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

galiñola negra americana Fulica americana

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Galiñola negra americana foi o nome empregado na

terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A). M. A. Conde Teira propuxo para esta

especie a denominación de carquexa (12B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

galeirão-americano (2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie que chega como divagante desde América, de aparición

extremadamente rara, e non se teñen rexistrado denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Atopáronse só as denominacións xenéricas apuntadas para Fulica

atra.

● Etimoloxía / motivación semántica. Do mesmo modo que Fulica atra e Fulica cristata,

galiñola indica o seu parecido cunha galiña e negra fai referencia á cor da plumaxe (son todas tres

semellantes). O modificador americana alude á súa área orixinaria de distribución. Carquexa, como

indica o propio M. A. Conde (12B), está adaptado do brasileiro carqueja.

galiñola negra cristada Fulica cristata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Galiñola negra cristada foi o nome usado na terceira

guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A). M. A. Conde Teira propuxo galiñola cristada

(12B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués galeirão-de-crista (2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de ocorrencia extremadamente rara na Galiza, e non se

teñen rexistrado denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Atopáronse só as denominacións xenéricas apuntadas para Fulica

atra.

● Etimoloxía / motivación semántica. Do mesmo modo que F. atra e F. americana, galiñola

indica o seu parecido cunha galiña e negra fai referencia á cor da plumaxe (son todas tres

semellantes). Os modificadores cristada e de-crista aluden ás protuberancias vermellas que ten na

cabeza.

galiña do río Gallinula chloropus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Piadeira común foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

tamén na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte, os autores propuxeron o nome de galiña

de río no canto do anterior (5B); esta segunda denominación utilizouse nas guías de aves destes

autores e (1A, 5A e 22A) no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e rexistrouse ou utilizouse tamén

noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 17A, 18A e 11B). Galiñola ou galiñola común foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense empregado nalgunhas publicacións (10A, 13A, 14A e 15A). Noutras publicacións tamén se

utilizou o nome de pita de auga (8A) e pita da auga (12A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é galinha-d’água (2A, 10A, 11B, 1D e 3D), coa posibilidade de usar tamén galinhad’água-comum

(2D).

● Nomes populares. No tocante ás denominacións populares, A. Villarino Gómez rexistrou para

Gallinula chloropus as denominacións populares de pita de auga, pita de río, galo e *galo de cresta

roxa –en correcto galego, galo de crista vermella– nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na

Limia (9A). Nesta comarca, o autor do presente traballo ten escoitado pita do río e pita da auga. C.

Pedreira López et al. rexistraron galiña de río e galiña do río (con gheada) para esta especie no

concello de Ames, A Coruña (9B). F. Fernández Rei rexistrou galiñera en Cariño; M. Taboada Cid,

galiñola en Verín; M. J. Pérez Alonso e M. C. Gil Suárez a mesma denominación en Goián e Vilardevós;

X. Pena Seijas, a variante galiñoa en Guitiriz (3C). E. Rivas Quintas recolle galiñela como nome para

polla de río en Porqueira, na zona da Limia (14G). F. Bernis Madrazo rexistrou para esta especie pita

d’auga, galiña brava, pita brava e o castelanismo gallineta na provincia de Lugo (11B). X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López tamén apuntan os nomes de pita da auga, piadeira, pita do río, pola do

río e pola da auga (1A). No Atlas de vertebrados de Galicia, tamén se recolle para esta especie as

denominacións de galiñola, piadeira, pita da auga e pola de auga (7A). F. Bernis Madrazo rexistrou

galiña d’auga e galiña mariña na provincia de Lugo, e comenta que se poderían aplicar tanto a

Fulica atra como a Gallinula chloropus (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada galiñola, que identifica coa voz castelá gallineta e coa

109

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!