19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

aquaticus (polo propiamente galego zurrasca), desfacendo por tanto o sistema de nomenclatura

binomial que relacionaba a antedita especie con C. crex, e seguindo as orientacións terminolóxicas da

Real Academia Galega, que aconsella recorrer ao portugués como referente cando non houber en

galego unha denominación vernácula, para esta especie en concreto talvez sería preferíbel tomarmos o

nome portugués e adaptalo ao galego: codornizón (tanto codorniz como paspallás son nomes galegos

para Coturnix coturnix, especie que, como xa indicamos, se relacionou popularmente con Crex crex).

Lembremos que na ornitoloxía galega xa se adoptaron nomes procedentes do portugués, como

calcamar, virapedras ou rolieiro, que se axustan perfectamente á morfoloxía e á semantica galegas, e

que tamén no galego normativo estándar se teñen incorporado empréstitos do portugués, como andar,

altofalante ou vírgula, para fixar un léxico culto galego ou como rercurso para o acrecentamento lexical.

Por outro lado, a terminación “-ón” non é nada rara nas denominacións galegas dos paxaros: está

presente como sufixo diminutivo (perdigón, o poliño da perdiz), como sufixo aumentativo (gaivotón,

Larus marinus) ou sen actuar propiamente como sufixo (sisón, Tetrax tetrax). A este respecto, e para

máis información, o autor do presente traballo xa publicou unha nota intitulada "Rallus aquaticus e Crex

crex", no web O Cartafol / Un idioma preciso, do Servizo de Normalización Lingüística da USC (Ref.

19B).

galiñola negra Fulica atra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pita de auga foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte (5B), os autores propuxeron o nome

de demo negro no canto do anterior; esta segunda denominación utilizouse na primeira guía de aves

destes autores, recolleuse no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e utilizouse ou recolleuse tamén

noutras publicacións (1A, 2A, 4A e 11B). Galiñola negra foi o nome proposto en 1991 e 1999 por M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado nas outras guías de aves de Penas

Patiño e Pedreira López (5A e 22A; na última, galiñola negra común), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Nunha

publicación empregouse galiñola (11A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é galeirão ou

galeirão-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Fulica atra as denominacións populares

de galo, *galo de cresta branca –en correcto galego, galo de crista branca– e galo grande nas

terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). M. A. Conde Teira comenta que ademais de

galiñola, a esta especie tamén se lle chama negrón e galo copo (12B). E. Rivas Quintas recolle galo

copo (que define como ave acuática, sen identificar especificamente) en Cortegada e Sarreaus, na

Limia (14G). F. Bernis Madrazo rexistrou para Fulica atra o nome castelanizado *gallinola e

*gallinuela (en correcto galego, galiñola) en Cospeito (Lugo) e Vares (A Coruña), e comenta que L.

Iglesias (1927) tamén asigna estes vernáculos a outra especie, Scolopax rusticola (11B). No Atlas de

vertebrados de Galicia tamén se recolle para esta especie os nomes de demo negro e alavanco

negro (7A). F. Bernis Madrazo rexistrou ademais galiña d’auga e galiña mariña na provincia de

Lugo, e comenta que se poderían aplicar tanto a Fulica atra como a Gallinula chloropus (11B).

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Gallinula

chloropus. Só o Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle demo negro, focha negra (que é un castelanismo) e galiñola

como sinónimos para F. atra.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes xenéricos pita, galiña,

galiñola e similares indican o seu parecido cunha galiña ou unha galiña algo pequena. O nome negrón

ou os modificadores negro e negra fan referencia á cor da súa plumaxe, toda negra; de crista

branca alude a outra característica física rechamante, o escudo branco que ten na fronte; d’auga e

mariña (aínda que non anda no mar) relaciónanse co seu hábitat. Alavanco é unha denominación

propia dun pato, Anas platyrhynchos, neste caso aplicada popularmente a Fulica atra. Demo talvez

faga referencia ao seu aspecto físico, pois é un animal negro con algo que poden parecer cornos de cor

branco. Non se encontrou unha explicación semántica moi clara para copo; talvez teña a ver co copo

dos segadores, o corno onde levaban a pedra de afiar a gadaña, que pode lembrar a protuberancia

branca que ten esta ave na cabeza, a modo de corno branco.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Galiñola é un nome

galego ben propio tamén de Scolopax rusticola, que ademais recibe os nomes arcea, cea ou pitarola

(véxase esta especie). De feito, no refraneiro popular emprégase a voz galiñola referida a unha ave

migradora: "Pola Candeloria, cásanse os paxariños e vaise a galiñola." F. Bernis Madrazo comenta que

L. Iglesias (1927) tamén asigna os vernáculos *gallinola e *gallinuela (en correcto galego, galiñola)

a Scolopax rusticola (11B).

108

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!