19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

poliña bastarda Porzana parva

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Galiñola pequena foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

(2A, 4A e 11A). En 1991, T. A. Vidal Figueroa e M. A. Conde Teira propuxeron o nome de galiñola

bastarda (10B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A e 14A). Poliña

bastarda foi o nome proposto en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); tamén se utilizou nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (13A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é frangad’água-bastarda

(2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se teñen rexistrado denominacións

populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada xenérica galiñola, que nunha das acepcións identifica con

Porzana porzana, Porzana pusilla e Porzana parva (noutra, con Gallinula chloropus; noutra, con

Botaurus stellaris).

● Etimoloxía / motivación semántica. As motivacións semánticas de poliña e galiñola ou do

portugués franga xa se comentaron en P. pusilla. O termo bastardo, aplicado a animais, significa que

non é de raza pura, que está cruzado, mais este non é o caso de Porzana parva, que é unha especie

como tal; o que pode acontecer é que, na impresión popular, pareza un cruzamento entre outras

especies.

codornizón Crex crex

● Bibliografía ornitolóxica especializada. *Rascón de terra foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

ou recolleuse nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A,

6A e 11B). En 1991, T. A. Vidal Figueroa e M. A. Conde Teira propuxeron galiñola de terra (10B). En

1999, M. A. Conde Teira propuxo a denominación *guión de paspallás (12B), que se ten recollido ou

empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é codornizão (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie bastante rara e non se lle coñecen nomes vernáculos

galegos.

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, especifica a denominación *rascón de terra na entrada xenérica rascón, que

identifica como rascón de tierra, ave zancuda; e *guión de paspallás, que corresponde con rey de las

codornices. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a subentrada *rascón de terra dentro da entrada xenérica *rascón, que define como "ave

pernalta que precede o paspallás servindo-lle de guia". No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparece a denominación *rascón de terra (como galega e preferente),

como subentrada dentro a entrada xenérica *rascón, que define e identifica con Crex crex.

Noutras fontes lexicográficas dáse tamén como voz galega *bitor, quer en correspondencia coa

castelá rascón (sen especificar), quer en correspondencia coa castelá rey de las codornices (5G, 6G,

8G, 9G e 11G).

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación *guión de paspallás é un calco

lingüístico da denominación castelá para esta especie, guión de codornices, que do punto de vista

semántico xurdiu da crenza popular de que a chegada desta ave precedía a chegada do paspallás. O

nome portugués codornizão tamén relaciona Crex crex con estoutra especie, a codorniz. A orixe e

motivación semántica de *rascón xa se comentou en Rallus aquaticus: calcouse do sistema de

nomenclatura castelán rascón de agua para R. aquaticus e rascón de tierra para Crex crex e formulouse

en galego: *rascón de auga para R. aquaticus e *rascón de terra para Crex crex, sistema que

relaciona as dúas especies co nome xenérico (rascón) e fai referencia ao hábitat diferente (auga/terra).

O nome galiñola é tamén por causa do seu parecido cunha galiña nova. A respecto de *bitor, véxase

R. aquaticus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

propuxo *guión de paspallás, aínda que opinando que é unha adaptación do nome castelán guión de

codornices feita por cazadores (12B). Efectivamente, non debemos esquecer que tanto *guión de

paspallás como *rascón de terra son claros castelanismos, do mesmo modo que a denominación

*rascón e *rascón de auga para Rallus aquaticus. Véxase en R. aquaticus a alínea dicionarios

consultados e a alínea discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións, onde

tamén se fai referencia a C. crex.

Aproveitando a proposta de desbotarmos o nome xenérico de *rascón tamén para Rallus

107

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!