19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

portugueses son franga-d’água-grande e franga-d’água-malhada (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; con máis

frecuencia o segundo).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se teñen rexistrado denominacións

populares.

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada galiñola, que nunha das acepcións identifica con Porzana

porzana, Porzana pusilla e Porzana parva (noutra, con Gallinula chloropus; noutra, con Botaurus

stellaris).

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes galegos poliña e galiñola,

ou tamén o portugués franga, indican a súa semellanza física cunha pola, franga ou galiña nova. Os

modificadores pinta, pintada ou o portugués malhada aluden ás pintiñas que ten esta especie na

plumaxe.

poliña pequena Porzana pusilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Galiñola común foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación (2A, 4A). En 1991, T. A. Vidal Figueroa e M.

A. Conde Teira propuxeron o nome de galiñola pequena (10B); empregouse nalgunha publicación

(12A). Poliña pequena foi posteriormente proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B);

utilizouse nalgunha publicación (13A). Noutras publicacións empregouse o nome de galiñola miúda

(8A, 10A e 14A). Galiñola anana foi utilizado na terceira guía de aves de Pedreira López e Penas

Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, recibe o nome portugués de franga-d’água-pequena (2A,

10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie os nomes de millarenga,

pita cega e pita de auga pequena na Limia (9A).

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada galiñola, que nunha das acepcións identifica con Porzana

porzana, Porzana pusilla e Porzana parva (noutra, con Gallinula chloropus; noutra, con Botaurus

stellaris).

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os nomes galegos poliña e galiñola ou

o portugués franga indican a súa semellanza física cunha pola, franga ou galiña nova. Os

modificadores pequena, miúda ou anana salientan o seu reducido tamaño. O nome millarenga, que

está relacionado con millo ou milleiral, non parece moi lóxico para esta especie, que vive á beira das

lagoas e das charcas. Non se encontrou unha expliación semántica clara para a denominación popular

pita cega.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

propón o nome xenérico de poliña para as especies do xénero Porzana, de menor tamaño, e reserva o

de galiñola para o xénero Fulica e mais para Gallinula chloropus, de maior tamaño (12B). O mesmo

autor explica que a denominación popular de millarenga confundiríase con millarengo, que é unha voz

empregada noutros lugares da Galiza para outros paxaros (Carduelis cannabina e Emberiza cirlus);

pita cega é un nome pouco definitorio para a especie e pita de auga pequena resultaría longo de

máis (12B).

poliña da Carolina Porzana carolina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Poliña americana foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (14). Noutras

publicacións utilizouse galiñola de Carolina (12A e 14A) e galiñola da Carolina (22A, terceira guía

de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é frangad’água-americana

e franga-d’água da Carolina (14A, 1D e 3D, dúas veces o primeiro e unha o

segundo).

● Nomes populares. É unha especie que chega como divagante desde América, de aparición

extremadamente rara na Galiza, e non se teñen rexistrado denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións apuntadas nas outras especies do

xénero Porzana.

● Etimoloxía / motivación semántica. As motivacións semánticas dos nomes galegos poliña e

galiñola ou do portugués franga xa se comentaron en P. pusilla. Os modificadores americana ou da

Carolina aluden á súa área orixinaria de distribución.

106

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!