19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

os sinónimos paspallás e codorna), paspallás (define a especie, dá a variante paspallao e os sinónimos

codorna e codorniz) e paspallao (remite a paspallás) para se refererir a esta especie. O Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia,

recolle paspallás, paspallara, paspalleta, paspalló e saltagrá como sinónimos para C. coturnix. O

Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, rexeita as voces codorniz e

codorna, que non considera galegas; para se referir a esta especie inclúe as entradas paspallá,

paspallas, paspallar, paspalleta, paspalló, parpalliz, parpallán, parpallá, pantallán pazcuallá,

pazpallá, pazpallar, pazpallaz, pazpallota, pazparrallaz, trastallá e cascallás (que considera

propiamente galegas, mais non preferentes), remitíndoas sempre a paspallás (única entrada que

considera preferente).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O emprego de voces referidas a esta especie é

habitual na nosa literatura. Eduardo Pondal, por exemplo, utiliza paspallás en Queixumes dos Pinos

(1886): " ... lixeira e gordecha / como un paspallás ...". Tamén o escritor Álvaro Cunqueiro emprega

outro nome da ave, pazpallar, en Xente de aquí e de acolá (1971): "...ausentes todos os paxaros que

imitaba, ferreiros, pimpíns, os pazpallares ... ".

X. M. Penas Patiño recolle o uso de paspallás nun canto popular galego: "Eu ben vin estar o

moucho / enriba do paspallás, / así como foi mentira / tamén puido ser verdá" (7A).

No refraneiro popular recóllese así mesmo paspallás:

"Catro aves voadoras son as que pasan o mar: a andoriña e mais o cuco, a rula e o paspallás."

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, o nome paspallás ten unha orixe

onomatopeica. Esta especie emite un canto de tres sílabas, moi popular porque con frecuencia se sente

na primavera e no verán polos campos: unha especie de pit-pe-llé, que, segundo as interpretacións do

son, foi dando lugar a case todas as denominacións deste paxaro. Codorniz, codorna e similares

derivan do latín coturnix.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Codorniz tamén é voz

propiamente galega (do lat. coturnix) aínda que se use xeralmente paspallás. Ambas as dúas,

codorniz e paspallás, aparecen recollidas no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega.

O termo común engádese, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que

teñen o mesmo nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciar

Coturnix coturnix das outras nese contexto.

É interesante apuntarmos que o plural de paspallás é paspallases. É unha palabra aguda

terminada en ese no singular. O plural das palabras con estas dúas características faise engadindo “es”

ao nome en singular, como acontece por exemplo en “autobús”, cuxo plural é “autobuses”, ou en

“compás”, cuxo plural é “compases”. A única excepción a esta norma para a formación do plural nestas

palabras (agudas e terminadas en ese) é cando o ese final do termo en singular xa está facendo

referencia a unha realidade plural, normalmente porque son palabras compostas, como acontece en

“cempés” ou “milpés”. Nestes casos, o plural xa existe semanticamente no segundo elemento do termo

composto e non hai variación morfolóxica cando a nova realidade á que alude o termo composto se

formula en plural: un cempés, dous cempés, un milpés, moitos milpés. Porén, este non é o caso de

paspallás, que non é un termo composto nin o ese final é indicativo dun plural. Por tanto: o paspallás,

os paspallases, un paspallás, dous paspallases, moitos paspallases.

faisán (ou faisán común) Phasianus colchicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Faisán foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); tamén a

denominación proposta nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse

–ás veces faisán común– nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A),

no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado tamén nunha chea de publicacións

sobre ornitoloxía (2A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é faisâo (2A, 10A, 11B, 1D e 3D) ou faisâo-comum (2D).

● Nomes populares. Canto a denominacións populares, na comarca da Limia algunhas persoas

chámanlle faixán (rexistrado polo autor do presente traballo).

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá faisán identificada coa tamén voz

galega faisán. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada faisán, que nunha das acepcións define e identifica con Phasianus colchicus (noutra

acepción, como outras aves do mesmo xénero). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, aparece a entrada faisán (como vocábulo galego e preferente), que define como

"ave galinácea de gran tamaño e plumaxe particularmente adornada nos machos, con caparucha de

plumas na cabeza, rabo longo e carne moi apreciada" e identifica con Phasianus colchicus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. O nome faisán está recollido na nosa literatura. O

103

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!