19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

subentrada perdiz charra (dentro da entrada xenérica perdiz), que identifica con charrela e P. perdix.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego da voz perdiz na nosa

literatura, véxase Alectoris rufa.

● Etimoloxía / motivación semántica. J. Corominas e J. A. Pascual, no Diccionario Crítico

Etimológico Castellano e Hispánico, apuntan que perdiz vén do latín perdix, -icis. Charrela e charra

son probabelmente denominacións onomatopeicas, que reproducen o renxente quierr-ic do seu canto.

paspallás (ou paspallás común) Coturnix coturnix

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paspallás foi a denominación proposta por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado ou recollido

nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López, no Atlas de vertebrados de Galicia e noutras

publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 5A, 6A, 7A, 8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 18A e 22A;

nalgunha, paspallás común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é codorniz (2A, 10A,

11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. No que atinxe ás denominacións populares, para esta especie hai ben

delas. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan as de cascallás, paspallara, paspalleta,

parpallá, parpalliza, pantallá, saltagrá, cogorniza, cotornís e codorna (1A). No Atlas de

vertebrados de Galicia, ademais de paspallara e saltagrá, tamén se recollen as de pazpallar e

cuturnís (7A). A. Villarino Gómez tamén rexistrou para Coturnix coturnix as denominacións populares

de paspallá, paspallao e codorniza nas terras da Limia (9A). O autor do presente traballo tamén ten

escoitado paspallás e codorniz na Limia. C. Pedreira López et al. rexistraron paspalleta, paspallasa,

paspallás, paspallosa, cotornisa e codorniz (con e sen seseo) para esta especie no concello de

Ames, A Coruña (9B). R. Seco Fernández rexistrou a voz codorniz en Santa Comba; F. Varela

González, en Santaia; C. García González, en Compostela; M. A. Fraiz Barreiro, en Codeseda; M.

González González, no Incio; M. R. Álvarez Blanco, en Ramirás (3C). M. Taboada Cid rexistrou as voces

cogorniza, cotorniza e cotorniz en Verín (3C). C. García González rexistrou tamén cotorniz en

Compostela; F. Vecino Tomás, en Razo; e X. Pena Seijas, en Guitiriz (3C). As voces paspallás,

paspallá e outras semellantes son ben populares e están así mesmo moi estendidas. F. Bernis Madrazo

rexistrou pazpallá e pampallá nas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra (11B). F. Fernández Rei

rexistrou paspallás en Cariño; M. R. Martínez Martínez, en Curtis; F. Vecino Tomás, en Razo; I. Leis

Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; C. García González, en Compostela; M. C. Enríquez Salido, no

Grove; M. González González, no Incio (3C). J. L. Couceiro Pérez rexistrou a variante paspallá en

Feás; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; R. Fraga García, en Melide; M. C. López Taboada, en Sobrado

dos Monxes; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo; M.

Díaz Carnero, en Castro Caldelas; M. E. Vázquez Santamaría, na Gudiña; M. Taboada Cid, en Verín e na

Mezquita; M. C. Gil Suárez, en Vilardevós (3C). F. Varela González rexistrou paspallar en Santaia (3C).

M. A. Fraiz Barreiro, paspalló en Codeseda (3C). C. García González, paspalleta en Compostela; J.

López Fernández, en Novefontes; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes (3C). M. C. Rodríguez

Lago, pascuallá no Porto, Zamora (3C). S. Cortina Vázquez rexistrou parpallás en Friol (3C). E.

Rodríguez Gandoi, parpallá e parpalliz en Guntín (3C). M. P. Paz González, parpallán en Xunqueira

de Ambía (3C). M. Taboada Cid, pazpallá, pazpallar e pazpallaz en Verín (3C). G. Baamonde

Traveso, tamén pazpallá en Cedofeita (3C). Tamén pazpallar, en Monterroso, rexistrado por M. D.

García Rojo, e en Ramirás, rexistrado por M. R. Álvarez Blanco (3C). M. T. Acosta García rexistrou

pazparallaz en Pedrafita (3C). M. E. Vázquez Santamaría, pazcuallá na Gudiña (3C). J. M. Dobarro

Paz, pantallás en Cabalar (3C). F. Fernández Rei rexistrou pantallá en Cariño e J. Vilariño Seco en S.

Braulio de Caaveiro (3C). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez

recollen pazpallaza na comarca de Verín (23B). M. J. Pérez Alonso, cascallás en Goián (3C). J.

Rodríguez Cruz, codorniz e bazcuallada (pazcuallada?) como sinónimos en Hermisende (13B). Por

outro lado, no refraneiro popular galego tamén se recolle a denominación paspallás (véxase uso dos

seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, inclúe as entradas codorna, paspallás, paspallá e trastallá para se referir a esta

especie; en codorna identifica o termo coa voz castelá codorniz; en paspallás identifica o termo con

codorniz común e achega unha breve definición da especie; en paspallá remite a paspallás e trastallá;

en trastallá identifica o termo coa voz castelá codorniz e remite a paspallá. No Diccionario de usos

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen

os vocábulos galegos paspallás, trastalla e codorna como equivalentes ao castelán codorniz. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae as entradas

codorna (remite, nunha das súas acepcións, a paspallás e codorniz), codorniz (define a especie e dá

102

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!