19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

portugués, en galego tamén sería perfectamente válido o uso de paspallás da California, isto é,

usándomos da en lugar de de.

Sobre o plural de paspallás, véxase esta alínea en Coturnix coturnix.

paspallás da Virxinia Colinus virginianus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. O nome paspallás de Virxinia empregouse para esta

especie nalgunha publicación ornitolóxica (10A). Na segunda guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López, no Atlas de vertebrados de Galicia e nalgunha publicación empregouse *colín de

Virxinia (5A, 7A e 10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é codorniz da Virgínia (2A e

1D).

● Nomes populares. É unha especie foránea con interese cinexético, introducida ou asilvestrada

no noso país, bastante rara, e polo de agora non se lle coñecen denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Encontráronse as denominacións xenéricas apuntadas en Coturnix

coturnix.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego da voz paspallás na nosa

literatura, véxase C. coturnix.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de paspallás, véxase

Coturnix coturnix. O termo *colín, do latín colinus, non se atopou en ningúnha das fontes

lexicográficas revisadas para o galego, nin tampouco en portugués; como xa se comentou para a

especie anterior, consideraríase antes ben un castelanismo. O modificador de Virxinia alude á súa área

de distribución orixinaria.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Do mesmo modo que

para Callipepla californica (paspallás da California) en galego tamén é perfectamente válido o uso de

paspallás da Virxinia para Colinus virginianus, isto é, usándomos da en lugar de de. Na nosa opinión

sería preferíbel o uso da preposición xunto co artigo, en consonancia co portugués.

Sobre o plural de paspallás, véxase Coturnix coturnix.

perdiz (ou perdiz común) Alectoris rufa

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Perdiz rubia foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

nalgunha outra publicación (2A, e 11B). Perdiz –ou perdiz común– foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 16A e 18A). Nunha publicación utilizouse

perdiz roxa (6A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é perdiz ou perdiz-comum (2A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Canto aos nomes populares vivos na fala, A. Villarino Gómez rexistrou para

Alectoris rufa a denominación de perdiz nas terras da Limia (9A). C. Pedreira López et al. rexistraron

tamén perdiz (con e sen seseo) para esta especie no concello de Ames, na Coruña (9B). En efecto, a

voz perdiz está moi estendida por toda Galiza; no traballo de C. García González rexistrouse nunha

montoeira de localidades (3C). J. Rodríguez recolle tamén perdiz en Hermisende, Zamora (13B). A

variante perdís foi rexistrada por M. R. Martínez Martínez en Curtis, por J. L. Couceiro López en Feás,

por F. Vecino Tomás en Razo, por M. C. Enríquez Salido no Grove, por M. C. López Taboada en Sobrado

dos Monxes, por M. J. Morandeira Lores en Laxe, por I. Leis Casanova en Sta. Eulalia de Dumbría, por

M. C. Alonso Pérez en Escarabote, por R. Seco Fernández en Santa Comba, por F. Varela González en

Santaia, por C. García González en Compostela, por R. Fraga García en Melide, por J. López Fernández

en Novefontes (3C). F. Fernández Rei rexistrou a variante pirdiz en Cariño; M. C. Rodríguez Lago,

pirdí no Porto, Zamora; A. Pérez Cid, perdiza en Marín (3C). No Atlas de vertebrados de Galicia,

recóllese o nome de paradela (7A). M. R. Martínez Martínez rexistrou galiña brava en Curtis para se

referir a esta especie (3C). M. C. López Taboada rexistrou perdigoto en Sobrado dos Monxes e C.

García González perdigoto e perdigocho en Compostela para se referir á cría da perdiz (3C).

Ademais, para se referir así mesmo á cría da perdiz, en 19 localidades galegas rexistrouse a voz

perdigón (3C). Por outra banda, M. J. Morandeira Lores e R. Fraga García rexistraron a voz perdigón,

en Laxe e Melide respectivamente, co significado de perdiz macho (3C).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, recolle as voces: perdiz e perdís, identificadas coa denominación castelá perdiz roja;

garela, para a perdiz en celo; rei da banda, para a perdiz que fai de guía ás outras do bando; e

perdigoto, como poliño da perdiz. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, recolle as voces galegas perdís e arcea para as

100

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!