10.11.2014 Views

P-00156501_9999978129

P-00156501_9999978129

P-00156501_9999978129

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

PLAN DE LECTURA

ESO E BACHARELATO

CURSO 2014/2015

PLAN DE LECTURA

ESO E BACHARELATO

CURSO 2014/2015

O profesorado ten xa á súa disposición en www.xerais.es

proxectos de animación á lectura dos libros sinalados co símbolo

Primeiro da ESO

LECTURAS RECOMENDADAS

Tamén en ePub

Booktrailer en www.asmeigasdelupa.com

As meigas de Lupa

Autora: María Solar

Xerais Fóra de Xogo

120 páxinas / 2ª edición / Contén CD con banda sonora

Código: 1365140

ISBN: 978-84-9914-375-0

P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a

esperan os seus cur máns Pablo e Martiño, para pasar unha

semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda

aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán

compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen

participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha

vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres

agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado

xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e

outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor

de sabelo.

Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha

trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro

século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns

estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde

a afastada Palestina.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Misterio, aventuras, historia.

XÉNERO

Novela.

CD

Novela con banda sonora composta por David Alonso Garzón.

Temas:

1. A casa da avoa 3’26’’

2. Os discípulos 2’59’’

3. O soño de Lupa 4’17’’

4. Ebora 5’03’’

5. As meigas baixo o pico 2’31’’

Primeiro da ESO

Os Megatoxos e o dragón de xade

Autor: Anxo Fariña

Xerais Os Megatoxos

192 páxinas / NOVIDADE

Código: 1384605

ISBN: 978-84-9914-733-8

P.V.P.: 13,00 €

ARGUMENTO

Nesta nova aventura dos Megatoxos, Ruxe, Ninfa, Faísca

e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para

evitar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un

terremoto devastador.

Alí comprenderán o importante que son a familia e os nosos

devanceiros, ao descubriren cousas do seu propio pasado.

Chegarán a tempo para impedir que unha moza case por

obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia

de gran poder. Iso, se unha perigosa banda de ninjas ou un

misterioso dragón, non aparecen para mudalo todo.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos,

amor, traizón

XÉNERO

Novela.

Os Megatoxos e o aprendiz de druída

Autor: Anxo Fariña

Xerais Os Megatoxos

152 páxinas / 2ª edición / Código: 1384601

ISBN: 978-84-9914-357-6

P.V.P.: 13,00 €

Serie «Os Megatoxos»

ARGUMENTO

O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso,

apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as

súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo

especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e

que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar

a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras

sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán

que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus

antepasados, os celtas…

Os Megatoxos e a espada esmeralda

Autor: Anxo Fariña

Xerais Os Megatoxos

192 páxinas / 2ª edición / Código: 1384602

ISBN: 978-84-9914-271-5

P.V.P.: 13,00 €

ARGUMENTO

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante

curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños

poderes, os problemas non deixan de aparecer. Nun intento

por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos

viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso

mosteiro onde nada é o que parece.

Primeiro da ESO

Os Megatoxos e os Templarios da Luz

Autor: Anxo Fariña

Xerais Os Megatoxos

192 páxinas / Código: 1384603

ISBN: 978-84-9914-533-4

P.V.P.: 13,00 €

ARGUMENTO

A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou desde o

accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser

unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun

pesadelo xeado nos Pireneos. Para complicar ma súa situación,

no medio dunha competición de snowboard descubrirán que

teñen máis en común cos xemelgos, Exeria e Ezbel, do que

lles gustaría. Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade

de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán

o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte

á terrible decisión: esco ller entre a vida dun ser querido ou a

dunha cidade enteira… Ti que escollerías?.

Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa

Autor: Anxo Fariña

Xerais Os Megatoxos

192 páxinas / 2ª edición / Código: 1384604

ISBN: 978-84-9914-249-4

P.V.P.: 13,00 €

ARGUMENTO

O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible

transformación esténdesepoloalumnadoemaisoprofesorado.

Entrementres,en Venecia, unha misteriosa raíña trata de

dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios

están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver

a crise que ameaza os dous mundos.

Tamén en ePub

Palabras de auga

Autor: Marcos Calveiro

Ilustrador: Ramón Trigo

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2012

PREMIO FERVENZAS LITERARIAS, 2012

LISTA DE HONRA DO IBBY, 2014

Xerais Merlín (de 11 anos en diante)

160 páxinas / 4ª edición

Código: 1343223

ISBN: 978-84-9914-441-2

P.V.P.: 11,50 €

ARGUMENTO

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan

dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país

Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga

abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un

sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode

deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar

o alimento agochado nos formiguei ros, mais tamén, como

afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos peri gos da

caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido

no cam pamento dos nenos soldado.

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente

africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara

á madurez. Un relato emocio nante, cativador e conmovedor.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventuras, cultura africana.

XÉNERO

Novela.

Primeiro da ESO

Tamén en ePub

Booktrailer en www.dragal.eu

Dragal I. A herdanza do dragón

Autora: Elena Gallego Abad

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO, 2012

264 páxinas / 7ª edición / Código: 1365128

ISBN: 978-84-9914-134-3 / P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu

pai, será achave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir

co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar

nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisa vó e mergullarse

nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura.

Dragal II. A metamorfose do dragón

Autora: Elena Gallego Abad

360 páxinas / 1ª edición / Código: 1365134

ISBN: 978-84-9914-221-0 / P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de Sa Pedro,

Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura. A moza

non sabe aínda que a noticia da desaparición de Hadrián corre pola

vila coma un regueiro de pólvora ninque alguén vixía de preto os

seus pasos. Mentres agarda por ela, Dragal descobre, por primeira

vez na súa milenaria exis tencia, a limitación dos seus poderes.

Dragal III. A fraternidade do dragón

Autora: Elena Gallego Abad

320 páxinas / 1ª edición / Código: 1365134

ISBN: 978-84-9914-270-8 / P.V.P.: 11,60 €

Triloxía«Dragal»

ARGUMENTO

Os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu

regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron

os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se

cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia

Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida. Á media

noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz

da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca

funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha

promesa de resurrección co abrente.

Primeiro da ESO

Cidades

Autor: Fran Alonso

PREMIO RAÑOLAS Ó LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 1997

PREMIO LAZARILLO (ACCESIT), 1997

Xerais Sopa de Libros

72 páxinas / 2ª edición

Código: 1384046

ISBN: 978-84-9914-191-6

P.V.P.: 9,00€

Poesía

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse

nestes anos nun referente da poesía infantil e xuvenil debido,

segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas.

No libro, entrañable e intimista, a cidade convértese nun ser

vivo, o asfalto adquire vida, e a soidade e a rutina énchense

de cores, olores e sabores. A través dun alento poético fondo

e sincero, descúbrenos a emoción que latexa nas rúas e deita

unha ollada tenra e rebelde sobre a vida desde a óptica da

infancia e adolescencia. Cidades é unha porta para que os

máis novos entren na poesía.

XÉNERO

Poesía.

Segundo da ESO

LECTURAS RECOMENDADAS

Tamén en ePub

Recinto Gris

Autora: Ledicia Costas

Xerais Fóra de xogo

160 páxinas / NOVIADE / Código: 1365152

ISBN: 978-84-9914-608-9

P.V.P.: 11,60

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un

exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles

soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban

o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou.

Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles

que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas

diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris,

un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no

seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de

Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Abuso de poder, autoritarismo, liberdade, amizade.

XÉNERO

Novela.

Segundo da ESO

Tamén en ePub

Todos somos

Autor: Marcos Calveiro

Xerais Fóra de Xogo

160 páxinas / 3ª edición

Código: 1365150

ISBN: 978-84-9914-536-5

P.V.P.: 11,60 €

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Dende a desaparición de Natalia os pais de Antón xa non

lle deixaban baixar o lixo á noitiña. Parecía incríbel que a súa

vida, a vida de todos eles, dese un xiro tan brusco e dramático

en tan pouco tempo.

As cousas andaran nas mans do demo dende que a nova da

desaparición de Natalia, compañeira de clase de Antón, correra

como a pólvora por toda a praza da Bichoca. O sábado, ao día

seguinte de desaparecer, xa o sabía todo o mundo. Mais foi o

domingo cando todos foron conscientes da brutal realida de e

de que a cousa ía en serio.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Escola, amizade, solidariedade, medios de comunicación.

XÉNERO

Novela.

O veleno da risa. Unha historia para Tintimán

en Lugo

Autor: Jaureguizar

Ilustrador: Matalobos

Xerais Un misterio para Tintimán

152 páxinas / NOVIDADE / Código: 1384504

ISBN: 978-84-9914-664-5

P.V.P.: 12,6 5

Serie «Un misterio para Tintimán»

ARGUMENTO

Os planos do século III que se usaron para construír a

muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica.

O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses

documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido

de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado.

O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos

quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán

deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e

amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade

de Lugo.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, misterio, investigación.

XÉNERO

Novela.

Segundo da ESO

Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán

en Compostela

Autor: Jaureguizar

Ilustrador: Matalobos

168 páxinas / 4ª edición / Código: 1384504

ISBN: 978-84-9914-110-7 / P.V.P.: 12,65 €

ARGUMENTO

Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou

do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e

un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de

Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o

primeiro misterio que ten que descubrir.

A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán

na Coruña

Autor: Jaureguizar

Ilustrador: Matalobos

128 páxinas /3ª edición / Código: 1384502

ISBN: 978-84-9914-111-4 / P.V.P.: 12,65 €

ARGUMENTO

Esta segunda entrega está ubicada na Coruña, cidade que asiste a un

incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de

Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar

o bicentenario da Batalla de Elviña. Soamente un reporteiro coa coraxe

de Tintimán, axudado por Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica,

unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza, poderá descubrir o

acontecido.vez na súa milenaria exis tencia, a limitación dos seus poderes.

Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo

Autor: Jaureguizar

Ilustrador: Matalobos

128 páxinas / Código: 1384503

ISBN: 978-84-9914-485-6 / P.V.P.: 12,65 €

Serie «Un misterio para Tintimán»

ARGUMENTO

Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a

ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a

calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e

espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos.

O afouto investigador porá en risco a súa vida, pero non está só na loita

contra o mal: axúdao Mónica, unha compañeira de clase que presume de ser

a súa moza, e Señor Grozni, un gato torto con supostos poderes telepáticos.

Tamén en ePub

A expedición do Pacífico

Autora: Marilar Aleixandre

PREMIO MERLÍN, 1994

PREMIO DA CRÍTICA GALEGA (Creación), 1995

Xerais Fóra de Xogo

160 páxinas / 12ª edición

Código: 1365047

ISBN: 978-84-9782-501-6

P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que

conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se

agacha como polisón nunha expedición científica que parte

para explorar o Pacífico. A acción que se desenvolve no século

XIX, non renuncia a estar escrita desde a actualidade. As ideas

feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a

paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional

novela.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, ciencia, igualdade.

XÉNERO

Novela.

Segundo da ESO

A illa de todas as illas

Autor: Xabier P. DoCampo

Ilustrador: Xosé Cobas

Xerais Milmanda

168 páxinas / NOVIDADE

Código: 1334516

ISBN: 978-84-9914-591-4

16,00 €

ARGUMENTO

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces,

nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman

Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela

había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o

patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas

e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando

navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que

viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e

que vestían como os que veñen nos libros antigos.

Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia

a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias

sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras

que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado,

as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas

horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao

sono ou ao estudo».

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, lectura

XÉNERO

Novela.

Segundo da ESO

Poetízate. Antoloxía da poesía galega.

Autor: Fran Alonso

Xerais Fóra de Xogo

224 páxinas / 11ª edición

Código: 1365889

ISBN: 978-84-9914-250-0

P.V.P.: 11,60 €

Poesía

Ficha de lectura

ARGUMENTO

A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o

contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta

divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía

de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos

poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía

galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non

están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar,

rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar

suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a

poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.

Espírito e contidos do libro Poetízate –que consta do

propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a

xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa

vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e

buscandosempre a complicidade e a proximidade co lector

ou lectora adolescente.

O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde

Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de

200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores.

Nova edición ampliada e actualizada, con prólogo de Carlos

Negro.

XÉNERO

Poesía.

Terceiro da ESO

LECTURAS RECOMENDADAS

Tamén en ePub

Silencio

Autor: Fran Alonso

Xerais Fóra de Xogo

96 páxinas / NOVIDADE /

Código: 1365153

ISBN: 978-84-9914-635-5

P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten

que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga

un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha

situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños

ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante,

Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense

que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha

historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano. Con

esta novela descubrimos o arrepío que habita no ser humano

contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do

cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade habitual

para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun

estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non

deixa lugar para o respiro.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Intriga, suspense, fracaso.

XÉNERO

Novela.

Terceiro da ESO

O pintor do sombreiro de malvas

Autor: Marcos Calveiro

PREMIO LAZARILLO, 2009

PREMIO FERVENZAS LITERARIAS, 2010

LISTA THE WHITE RAVENS, 2011

PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 2011

Xerais Fóra de Xogo

184 páxinas / 7ª edición

Código: 1365929

ISBN: 978-84-9914-216-6

P.V.P.: 11,60

ARGUMENTO

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar

cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante

aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor

que semella beberse a vida con cada violenta pincelada

sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará

inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e

na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida

provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor, coñecerá

algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez

primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre

o futuro que lle agarda.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Amizade, amor, misterio, pintura.

XÉNERO

Novela.

Tamén en ePub

Corredores de sombra

Autor: Agustín Fernández Paz

PREMIO FREI MARTIN SARMIENTO, 2007

Xerais Fóra de Xogo

232 páxinas / 15ª edición /

Código: 1365091

ISBN: 978-84-9782-425-5

P.V.P.: 11,60 €

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas

obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha

alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver

emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala

na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola

que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da

descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha

tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que

a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo

despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel

verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude

do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de

entender a vida. Corredores de sombra de Agustín Fernández

Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre

misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que conleva

unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha

resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é

unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da xove

protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer

a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo

o que significa.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Investigación, misterio, amor.

XÉNERO

Novela.

Terceiro da ESO

A Pomba e o Degolado

Autora: Fina Casalderrey

Xerais Fóra de Xogo

176 páxinas / 8ª edición /

Código: 1365100

ISBN: 978-84-9782-559-7

P.V.P.: 11,60

Ficha de lectura

ARGUMENTO

A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron

ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera

podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos

estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte

de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a

súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén

se viven tempos moi difíciles, atopará acougo ás súas coitas

facéndose cargo dos paxaros do seu avó e chateando, baixo

o nick de «Degolado», con «Pomba», unha amiga cibernética

que o axudará a descubrir que paga a pena confiar na xente.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Amizade, relacións persoais, redes sociais.

XÉNERO

Novela.

Terceiro da ESO

Makinaria

Autor: Carlos Negro

Xerais Fóra de Xogo

80 páxinas / 3ª edición /

Código: 1365120

ISBN: 978-84-9782-553-5

P.V.P.: 11,60 €

Poesía

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de

cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos,

vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro;

un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona

e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia

xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala

unha ruta suicida; un libro de versos sen final feliz: porque a

Morte converte a euforia en chatarra, porque só admite como

meta o destino cemiterio.

XÉNERO

Poesía .

Cuarto da ESO

LECTURAS RECOMENDADAS

Tamén en ePub

Nubes de evolución

Autora: Andrea Maceiras

PREMIO FERVENZAS LITERARIAS, 2014

Xerais Fóra de Xogo

192 páxinas / 3ª edición /

Código: 1365147

ISBN: 978-84-9914-463-4

P.V.P.: 11,60 €

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que

xea a Amanda, a rapazade de zanove anos que traballa de

limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla

dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue

a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento,

desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus

pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o

profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo

seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña

que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas:

«WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Conflitos sociais, soidade, familia.

XÉNERO

Novela.

Cuarto da ESO

Tamén en ePub

O Gran Reino

Autor: Eduardo Santiago

PREMIO JULES VERNE, 2014

Xerais Fóra de Xogo

páxinas / NOVIDADE /

Código: 1365155

ISBN: 978-84-9914-738-3

P.V.P.: 13,60 €

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos

e cunha imaxinación portentosa, é a protagonista d’O

Gran Reino. O carácter especial de Gala, o seu exacerbado

narcisismo e unha marcada competitividade, acaban por

condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta

situación de soidade e de infelicidade, mergúllase na lectura de

forma compulsiva, sobre todo de obras que ela mesma definía

como de «mundos paralelos», e asemade vai diminuíndo a súa

necesidade de inxerir alimentos: dous factores que, unidos,

provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de

que o reino de Margonia está agardando por ela.

En O Gran Reino mestúranse os capítulos da realidade

literaria cos fantasiados pola protagonista nos momentos de

vulnerabilidade. As entradas e saídas nese mundo fantástico

creado pola protagonista concédenlles ás lectoras e aos lectores

un respiro na intensa narración dunha vida adolescente

marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Relacións persoais, fantasía, anorexia, lectura.

XÉNERO

Novela.

Tamén en ePub

Ámote Leo A. Destino xalundes

Autora: Rosa Aneiros

PREMIO IRMANDADE DO LIBRO, 2014

312 páxinas / 2ª edición / Código: 1334513

ISBN.: 978-84-9914-558-7 P.V.P.: 14,00 €

ARGUMENTO

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao

rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla

uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e

Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén

ou marchar soa.

Triloxía«Amote Leo A.»

Ámote Leo A. Estación de tránsito

Autora: Rosa Aneiros

PREMIO IRMANDADE DO LIBRO, 2014

288 páxinas / 1ª edición / Código: 1334514

ISBN.: 978-84-9914-623-2 P.V.P.: 14,00 €

ARGUMENTO

Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No

seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla

entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses

que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo

mundo adiante.

Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?

Autora: Rosa Aneiros

PREMIO IRMANDADE DO LIBRO, 2014

336 páxinas / NOVIDADE / Código: 1334515

ISBN.: 978-84-9914-683-6 P.V.P.: 14,00 €

ARGUMENTO

Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai

unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa

fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero

non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada

sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean

a súa cabeza.

Cuarto da ESO

Tamén en ePub

O corazón de Xúpiter

Autora: Ledicia Costas

PREMIO NEIRA VILAS (AGE), 2012

PREMIO AELG, 2012

Xerais Fóra de Xogo

224 páxinas / 5ª edición

Código: 1365143

ISBN: 978-84-9914-433-7

P.V.P.: 11,60 €

ARGUMENTO

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero

nun novo institu to. Devecía por dar un paseo polo espazo,

avistando planetas a través do teles copio, mergullada no ventre

do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxi ca de Momo,

era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que

participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba

saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada

a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha

maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu

a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que

insti tuto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer

nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido.

Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando

Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de

cambiar para sempre.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Astronomía, Internet, adolescencia.

XÉNERO

Novela.

Cuarto da ESO

Penúltimas tendencias

Autor: Carlos Negro

Xerais Fóra de Xogo

80 páxinas / 2ª edición /

Código: 1365151

ISBN: 978-84-9914-607-2

P.V.P.: 11,60 €

Poesía

Ficha de lectura

ARGUMENTO

Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio;

un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran

una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de

princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca

atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a

fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun

universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy..

XÉNERO

Poesía .

BACHARELATO

LECTURAS RECOMENDADAS

Tamén en ePub

A viaxe de Gagarin

Autor: Agustín Fernández Paz

Xerais Narrativa

280 páxinas / 2ª edición /

Código: 1331353

ISBN: 978-84-9914-668-3

P.V.P.: 18,00 €

ARGUMENTO

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin

convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo

exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que

traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel

Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres

vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital,

lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez

anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo

sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos

pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará

durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga

a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña

da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e

unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as

outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá

desvelando a medida que se abre á complexidade da vida.

Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a

represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente

da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E

tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible

contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén

experimenta a revolución interior que supón namorarse.

O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación

marcada polas diferenzas de clase.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Memoria, historia, amor, carreira espacial.

XÉNERO

Novela.

Bacharelato

Tamén en ePub

A memoria da choiva

Autor: Pedro Feijoo

Xerais Narrativa

472 páxinas / 2ª edición /

Código: 1331342

ISBN: 978-84-9914-570-9

P.V.P.: 22,00 €

ARGUMENTO

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico

colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da

compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que

chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora

Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema

con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que

non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada

no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a

primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra

o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o

que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia

xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel

sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá

que saber quen é Adriano... Logo do éxito recibido pola súa

primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha

nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor

e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira:

ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Intriga, misterio, literatura.

XÉNERO

Novela.

Tamén en ePub

A voz do vento

Autor: Pemón Bouzas

Xerais Narrativa

400 páxinas / NOVIDADE /

Código: 1331351

ISBN: 978-84-9914-636-2

P.V.P.: 20,00 €

ARGUMENTO

A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo

faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante

do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela

acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha

muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos

cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante

baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que

no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos

que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos

aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de

poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e

ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou

Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade

galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran

poeta Celso Emilio Ferreiro.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Historia, clases sociais, relixión.

XÉNERO

Novela.

Bacharelato

Tamén en ePub

Matarte lentamente

Autor: Diego Ameixeiras

Xerais Narrativa

168 páxinas / 2ª edición /

Código: 1331345

ISBN: 978-84-9914-567-9

P.V.P.: 16,65 €

ARGUMENTO

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados

que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo

problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos

falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun

momento no que os bancos, durante os primeiros anos da

crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente.

«Todo respondeu –continúa–, a unha estratexia planificada.

A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un

prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz

crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber

sangue.» Matarte lentamente consolida a liña de modernización

radical da novela negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas

anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón e Todo

OK. Dosificación da información, economía expresiva, coidada

estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle

son características desta novela impactante e inesquecible que

presenta con claridade problemas claves do noso tempo.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Investigación, conflitos sociais.

XÉNERO

Novela.

Tamén en ePub

Sete Caveiras

Autora: Elena Gallego Abad

Xerais Narrativa

200 páxinas / 2ª edición /

Código: 1331347

ISBN: 978-84-9914-569-3

P.V.P.: 16,65 €

ARGUMENTO

Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun

motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non

pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino

agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida.

Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é

o único fío que parece unir este asasinato co do garda civil

rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao

longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero

ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan

a amorearse os xoguetes de colección. Un click motorista

roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado

preto do corpo dun membro da benemérita, un click pirata

esquecido no coche dun informático asasinado... Para a

xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co

redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal

convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar

todo o que sabe. Trepidante e por momentos divertida, Sete

Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con

sinalados acontecementos dos anos oitenta. Esta novela,

tamén homenaxe da autora á profesión xornalística, tece unha

engaiolante trama de intriga con banda sonora da Movida.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Intriga, investigación, xornalismo.

XÉNERO

Novela.

Bacharelato

Tamén en ePub

Os televisores estrábicos

Autor: Ramón Vilar Landeira

Xerais Narrativa

144 páxinas / NOVIDADE /

Código: 1331354

ISBN: 978-84-9914-717-8

P.V.P.: 16,65 €

ARGUMENTO

Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan

cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes

da realidade que vivimos. Na programación atopamos un

atracador que ao saír do banco bate co único policía local

de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río

pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas

eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade;

coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no

Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín;

que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios; que

as noticias son as que son porque os xornalistas beben cocacola

light; ou que os caramelos de café con leite poden ser ben

amargos... Os televisores estrábicos é a ollada bidireccional

dun home que deixa todo atrás para escribir un libro de

relatos cos cartos dunha indemnización por despedimento. É

a loita radicalmente optimista por sobrevivir a un tempo de

desesperanza, conscientes de que aquí é obrigado vivir de pé,

basicamente porque a vida queima.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Sociedade, relacións persoais.

XÉNERO

Relato.

A vitoria do perdedor

Autor: Carlos G. Reigosa

PREMIO SAN CLEMENTE, 2014

Xerais Narrativa

240 páxinas / 2ª edición/

Código: 1331324

ISBN: 978-84-9914-398-9

P.V.P.: 17,50 €

ARGUMENTO

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra,

prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita

terminou. Mais a realidade –en forma dunha represión que non

cesa– axiña lle vai demostrar o contrario. Isto des atará a súa

rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente

soli tario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra.

Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta

contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir. Carlos G.

Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa

e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a

perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade

resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade

e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente

dun tempo de posguerra dominado polo terror e a vio lencia.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Posguerra, represión.

XÉNERO

Novela.

Bacharelato

Enderezo descoñecido

Autora: Kressmann Taylor

Traductora: Emma Lázare

Xerais Narrativa

72 páxinas / 5ª edición /

Código: 1331970

ISBN: 978-84-9782-605-1

P.V.P.: 12,85 €

ARGUMENTO

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en

1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da

opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus

inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra

e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra

perfecta. En 1939, a tradución holandesa desapareceu das librerías

e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presenza da novela en

Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia

permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis,

malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e

Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta

aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás

mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen

decidiu publicala convencido da súa importancia para as vítimas do

nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela

foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco,

danés, portugués, español, galego e catalán. Escrita en forma epistolar

pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta

a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha

galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e

Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo

co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa

un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro

perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous

personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada

polo The New York Times Book Review como «a denuncia máis

efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción.

É a perfección mesma».

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Historia, nazismo.

XÉNERO

Relato.

Tamén en ePub

Os fillos do mar

Autor: Pedro Feijoo

PREMIO SAN CLEMENTE, 2013

PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO, 2014

Xerais Narrativa

432 páxinas / 7ª edición

Código: 1331317

ISBN: 978-84-9914-346-0

P.V.P: 21,00 €

ARGUMENTO

Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo.

Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade

viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha

fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos

días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado.

Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas

circunstancias. A par tir de aquí, o arquitecto vese involucrado

nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta

a familia da muller morta. Novela de aventuras, novela de

intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do

mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe,

cidade que en boa medida protago niza tamén a novela. Ao

tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos

conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén

os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo

alemán.

Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa

constantemente no tempo para atopar as claves dun presente

que o protagonista precisa desvelar.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, intriga, investigación, historia.

XÉNERO

Novela.

Bacharelato

Tamén en ePub

As voces baixas

Autor: Manuel Rivas

PREMIO FERVENZAS LITERARIAS, 2012

Xerais Narrativa

208 páxinas / 3ª edición

Código: 1331329

ISBN: 978-84-9914-440-5

P.V.P: 17,00 €

ARGUMENTO

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela

da vida para cho rar e rir. Quen son as voces baixas? Son as

criaturas, os nenos e nenas, as mulle res que falan soas, os

mortos, os animais… É a ironía a que sostén as palabras, a

que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para

que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe

das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial.

En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no

que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o

primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan

ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta

da vida por mor da existencia extraor dinaria da xente do

común.

O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de

Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán,

a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado

céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a

escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da

imaxinación… Unha xeografía real para un pobo marabilloso:

as «voces baixas» que non que ren dominar e que se alimentan

de contos.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Memoria, familia, infancia, adolescencia, mocidade.

XÉNERO

Novela.

Tamén en ePub

Cantares Gallegos

Autor: Rosalía de Castro (Ed. Anxo Angueira)

Xerais Clásicos

472 páxinas / 2ª edición /

Código: 1333118

ISBN: 978-84-9914-504-4

P.V.P: 20,00 €

Poesía

ARGUMENTO

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou

autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario

galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en

1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén

un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro

das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente

en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional

da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas

novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza

do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data

é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega

decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario

da súa publicación, para instaurar o Día das Letras Galegas.

Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor

e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (A

espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario

galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento

(Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e

nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares

gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un

detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados

comentarios de cada un dos poemas.

XÉNERO

Poesía.

Bacharelato

O Gabinete das Marabillas de Arxentino

da Rocha Alemparte

Autores: Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos

Xerais Referencia

384 páxinas / NOVIDADE /

Código: 1334038

ISBN: 978-84-9914-628-7

P.V.P: 29,50 €

ARGUMENTO

Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da

Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey,

1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe

literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos,

o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo

de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O

Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte

polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións

de curiosidades –chamadas wunderkammers, gabinetes de

curiosidades, cuartos de marabillas…–, xerme dos museos

actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico

único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas

singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres

monstruosos…, pero o soño viuse truncado polo estalido da

Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita

ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo

que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo

acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados

polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das

irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese

ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou

mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo,

ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán.

Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década

de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o

Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte

amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos,

saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do

noso ilustre compatriota.

Bacharelato

Historia de Galicia

Autor: Anselmo López Carreira

Xerais Referencia

304 páxinas / 2ª edición

Código: 1327136

ISBN: 978-84-9914-532-7

P.V.P: 22,00 €

Historia

ARGUMENTO

A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente

no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais,

que se procuran e se recoñecen na expe riencia da súa propia

historia. O nacemento da moderna conciencia nacional

galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á

elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo

é resultado da existencia da nación e elemen to axente da

súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo

histo riográficofoiseincrementandoencantidadeecalidad

ecientífica,tantoen obras globais como en monografías,

de divulgación ou especializadas. Focalizada desde unha

perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio cen tro, e

cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia

de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas

proporcionadas polo conxunto de historiadores que

ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende

ser un elemento útil na construción desta comunidade

de convivencia que é a nación galega.

Pedidos a

Comercial Grupo Anaya

Polígono Pocomaco

Avenida 3 Edifi cio Diana

Nave 4 Baixo • 15190 A Coruña

Tel.: 981 171 641 / Fax: 981 171 647

XERAIS

Doutor Marañón, 12 • 36211 Vigo

Tels.: 986 214 888 / 986 214 880

Fax: 986 201 366

xerais@xerais.es

http://xerais.es

http://blog.xerais.es

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!