06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e alfabetización

dixital. Tamén

d es e ñ a d or g r á fic o, té c n i-

co de márketing para novos

medios e programador

web. Cando sexa maior

quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Podes aprender

a programar

gratis.

Busca tempo.

As 02:00 da madrugada do 26

de outubro. Esta noite aplícase

o cambio de horario de inverno

e os vindeiros 60 minutos

non existirán oficialmente porque

ás 03:00 serán as 02:00 de

novo. Non todos, pero algún que

outro ano intento facer algo especial

durante esa ‘hora tonta’.

Este ano propúxenme escribir

esta columna. Son as 02:06.

O mes pasado prometera publicar

unha lista de sitios web

onde podes aprender a programar

gratis. Publicarei a

lista de ligazóns en Internet,

que sempre será máis cómodo

que na edición en papel.

http://nubescola.com/gratis

Aqui falarei só de Codecademy.

Codecademy.com é un dos

meus sitios favoritos para

aprender a programar pola súa

amena metodoloxía e porque

tamén está en castelán (bueno,

arxentino). Do resto de sitios

web da miña lista, algún

outro pode haber en castelán,

pero a maioría están en inglés.

En Codecademy podes aprender

a programar en JavaScript,

PHP, Python e Ruby. Desde

cero e gratis. Se sabes programar

ben en calquera delas, tes

choio. Se sabes programar ben

en máis dunha delas, tes moito

choio. En Internet hai ofertas

de traballo en todo o mundo

buscando xente que saiba traballar

con estas linguaxes de

programación. Son as 02:27.

Este 2014 JavaScript e PHP foron

dúas das catro linguaxes

de programación máis populares

do mundo, xunto con Java

e C#. Python está de quinta,

por certo, subindo con forza.

Ah, verás que Codecademy

tamén ensina HTML, CSS e

jQuery. Ningunha delas é unha

linguaxe de programación. O

HTML é unha linguaxe de

marcado, o CSS unha linguaxe

de estilo, e jQuery un modo

particular de traballar con JavaScript

(é que hai moitos). E se

non son linguaxes de programación,

¿debería aprender HTML

ou CSS? Convén. Polo menos

HTML. Son as 02:44, por certo.

O meu consello é que vaias a

Codecademy e aprendas a programar

en JavaScript, aprendas

tamén a sintaxe HTML, e logo

te poñas con forza ou co PHP,

ou co Python ou co Ruby, o

que queiras. Pista: se aprendes

JavaScript, o PHP vaiche resultar

doadísimo de aprender. ¿És

moi vello/vella para poñerte con

estas lerias? Mentira. Próbao.

Se podes aprender gratis, o

único prezo é o teu tempo. E o

tempo, habendo ganas, sácase

de onde parece que non había.

Mira: xa son as 02:00 outra vez.

Escribín esta columna enteira e

non me levou nada.

Ordes aproba unha iniciativa do BNG

para evitar o paso dos camións de

SOGAMA polo centro da vila

O Psoe engadiu unha enmenda para ceder a Xunta a estrada de

Mercurín e a rolda Este que foi tamén aprobada

O BNG lembrou que fai dez

meses acordouse en pleno prohibir

o paso dos camións pola

estrada que pasa por Mercurín

ata que a Xunta aceptará facerse

cargo dela pero o problema

derivouse ao centro urbano por

onde transitan eses vehículos na

actualidade.

Os nacionalistas queren que

se lle ceda ao concello a titula-

ridade das estradas que unen

Ordes con Lanzá e con Carballo

para poder regular o tráfico

desas vías e desviar o paso dos

camións cara á rolda leste; outra

das propostas será a convocatoria

dunha reunión á que asistan

representantes da Xunta, da

Deputación, e de SOGAMA

co fin de conseguir un acordo

de financiamento que permita

o arranxo da estrada con Mercurín

cuxo estado, xa moi deteriorado,

empeorou coas últimas

choivas. A moción nacionalista

saíu aprobada despois de aceptar

unha enmenda socialista na

que se solicita a Xunta que asuma

a titularidade da estrada de

Mercurín e da Rolda Leste.

Piden información o concello sobre a

instalación dun tanatorio en Negreira

O Psoe móstrase contrario a que se abra a instalación na Avenida

de Vilachán polos problemas que causaría os veciños

Os veciños da avenida de

Vilachán, en Negreira, decatáronse

case que por casualidade

da intención dun empresario

do sector de abrir un

tanatorio na súa rúa e agora

o Psoe reclama que se lles de

toda a información de que se

dispoña, se hai unha solicitude

de apertura realizada, se será

só un velorio ou tamén un tanatorio,

e que características

terá a instalación no caso de

que a leve a cabo; os concelleiros

emprazan ao alcalde a

O alcalde de Teo solicita unha

reunión coa Conselleira de Benestar

Martiño Noriega quere falar con Beatriz Mato do atraso nos pagos

de subvencións que a

reunir aos veciños no centro

sociocultural e dar alí todas as

explicacións oportunas.

O partido socialista opúxose

rotundamente a esta instalación

xa que considera que

xerará unha chea de molestias

e que hai lugares máis adecuados

no municipio, lembran

que nas proximidades desa rúa

conviven dúas superficies comerciais

de gran tamaño que

precisan dun lugar de aparcadoiro

polo que a colocación

dun tanatorio non faría máis

O concello de Teo solicitou

ao longo do presente ano dúas

subvencións encamiñadas a

fomentar o emprego e a contratar

a persoas que perciben

a Renda de Integración Social

de Galicia (RISGA), a solicitude

realizouse no verán sen que

até o momento notificáronse

as resolucións; por outra banda

desde o departamento de servizos

sociais detectáronse atrasos

de 10 meses na resolución de

expedientes da xa mencionada

RISGA.

Martiño Noriega explicaba

na carta de solicitude de entrevista

que “a preocupación

por este tema é máximo, xa

que falamos de programas que

polas súas características afectan

a persoas en desemprego e

Fontes: BNG Ordes, Lindeiros.

que incrementar estes problemas.

desde o concello indicouse

que non se pediu ningunha licenza

de modo formal aínda

que se podería ter constancia

da intención, o alcalde Juan Rei

Maceira insistiu neste punto en

que se revisarán escrupulosamente

todos os expedientes

para que se ateñan á legalidade

aínda que polo momento non

hai nada presentado.

Fonte: Psoe Negreira, Lindeiros.

nalgúns casos en risco de exclusión

social”; a esta situación

hai que engadir os recortes nas

achegas económicas ao concello

para programas de cooperación

xa que se pasou de recibir

90.000 € no ano 2011 a pouco

máis de 25.000 € no 2013 .

Fonte: concello de Teo, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!