06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 novas da bisbarra 5

Aprobada a conta xeral do

2013 en Ames

O voto de calidade do alcalde foi decisivo

Un empate técnico posibilitou

o concello de Ames aprobar a

conta xeral do ano 2013; os votos

a favor do equipo de goberno

do PP enfrontáronse o voto en

contra do Psoe e as abstencións

de Paco X Ames e Ames Novo,

o feito de que os socialistas tiveran

a ausencia dun concelleiro

por motivos laborais propiciou

un empate que desfixo o voto de

calidade do alcalde.

A oposición foi moi crítica

coas contas, os socialistas falaron

de contas maquilladas e

Pacto x Ames explicou que si

se cambiaran o xeito de votar

as contas cambiaría o resultado.

Anxo doval de Ames Novo criticou

a suba de impostos e taxas

sen que subiran a calidade dos

servizos que en moitos casos

incluso empeoraron. O equipo

de goberno pola súa parte destacou

o feito de que se reducira

a débeda e que por segundo ano

consecutivo se conseguiu un remanente

de tesourería positivo e

presentar a conta dentro do ano

seguinte.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

Volta “Vacacións en Paz”

Ames invitará a nenos saharauís

Critican a distribución de obras que se

fai nas parroquias de Frades

O Psoe cre que se discrimina aos veciños

As reclamacións dos veciños

de Aiazo para que as súas pistas

sexan arranxadas veñen dirixíndose

ao concello desde hai seis

meses sen que se tomou ningunha

medida segundo explica

o Psoe da localidade; a deficiencia

do asfaltado desta zona provoca

problemas a diario obrigando

a extremar a precaución e

mesmo provocando roturas nos

vehículos de uso agrícola.

O secretario do Psoe, Aurelio

Garea, critica en especial que

ademais de non reparar estes

danos si se arranxe outra pista

moito menos estragada pero

próxima á explotación gandeira

dun concelleiro do Partido Po-

pular; para o socialista “o PP

debe entender, que a xestión

municipal ten que estar baseada

na igualdade de dereitos e obrigacións,

así como solucionar

Pista na parroquia de Aiazo. Foto: Psoe Frades

os problemas dos veciños, sen

agardar a proximidade da eleccións

municipais”

Fontes: Psoe Frades, Lindeiros

O concello de Ames, a través

da Concellería de Benestar Social,

renovará o seu convenio

de colaboración coa Asociación

Solidariedade Galega co Pobo

Saharauí para o desenvolvemento

do programa Vacacións

en Paz. Todas aquelas familias

interesadas en acoller a algún

destes rapaces nos meses de

xullo e agosto de 2015 poden

poñerse en contacto do departamento

de Servizos Sociais,

tramita as solicitudes e asegura

unha estadía agradable dos cativos

no noso Concello.

A concelleira de Benestar

Social, María Eugenia Martín,

destaca que “o Concello de

Ames mantén o compromiso

adquirido desde hai unha década

coa Asociación Solidariedade

Galega co Pobo Saharauí, incrementando

nos últimos anos

o número de nenos que pasan o

verán no concello”.

A Administración local encárgase

de pagar o billete de

avión (ida e volta) de cada

neno/a que ten un custo de 890

euros. Os nenos e nenas que pasarán

os meses de xullo e agosto

en Ames naceron nos campamentos

de refuxiados saharauís

que existen na zona da Hamada

alxeriana en Tindouf. Son fillos

dos saharauís que abandonaron

de xeito forzoso os seus fogares

instalados no territorio do antigo

Sáhara español en 1975, e

sobreviven hoxe en día grazas

á axuda internacional. Soportan

temperaturas que superan os

50ºC durante o verán e sofren

diversos déficits alimentarios e

de asistencia médica.

No 2013 4 familias acolleron

a duas nenas e dous nenos; tres

de esas familias repetían a experiencia

mentres que a outra o

facía por primeira vez.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

Nenos participantes no 2013 nas portas do concello. Foto: concello de Ames

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!